Vuelta a España 2009. O Xacobeo foi o mellor equipo e Valverde sumou a súa primeira volta grande.

7ac923cffa472c055cd56ff225361cc5_extras_albumes_0

O Xacobeo Galicia gañou a clasificación por equipos na Volta a España 2009. Unha grandísima actuación con victoria de etapa incluída e con presencia constante nas fugas. Ezequiel Mosquera finalizou en quinta posición despois de sufrir varias caídas e un pinchazo na crono. Malia a todo o seu infortunio, amosou a súa calidade ciclista e foi un dos ciclistas máis aplaudidos polos afeccionados que recoñeceron o seu esforzo e bo facer nesta Vuelta.

Esperemos que haxa continuidade do proxecto Xacobeo Galicia. Rendabilidade publicitaria e deportiva avalan a inversión posta neste equipo. O da rumoroloxía non deixa de ser algo de moi mal gusto, porque o equipo ciclista Xacobeo Galicia baseouse no bo facer de todos os seus integrantes e no traballo e sacrificio constante.

1253466070_extras_albumes_0

Alejandro Valverde foi o vencedor absoluto da Vuelta a España 2009. Unha victoria merecida, cimentada na calidade de Valverde e na consistencia do seu equipo. No podium estiveron Samuel Sanchez, que loitou sempre ata o límite das súas forzas. Terceiro Cadel Evans, que non tivo sorte nalgún momento clave da carreira. Destacar tamén o cuarto posto de Ivan Basso, o quinto de Ezequiel e a boa actuación do holandés Gesink. Nos sprints mandou André Greipel.

A Vuelta 2009 ofreceu un bonito espectáculo.

1253466241_extras_albumes_0

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: