Esta pasada fin de semana, celebráronse en Cangas do Morrazo os Campeonatos de España de Triatlón. O Club Triatlón Lalín presentou o seu equipo a cita máis importante do calendario nacional e loitou polos títulos de Campeón de España que estaban en xogo. Cómpre lembrar que para participar houbo que obter a clasificación nas probas previas que servían para obter o pasaporte que daba acceso a poder correr na carreira final, e o Club Triatlón Lalín lograra clasificar a varios dos seus integrantes.
Nas probas do sábado, para grupos de idade, participaron polo Club Triatlón Lalín Miguel Varela, Agustín Crespo e Victor Soto. Lástima do pinchazo na roda dianteira de Miguel Varela cando ía facendo un sector de ciclismo espectacular. Sí remataron a proba con boa actuación Victor Soto e Agustín Crespo.
E na proba raíña, a carreira Élite, participou Antonio González Datorre. O mérito de poder competir polo título de Campeón de España xa é monumental, pois Antonio logrou a clasificación para estar alí. Soamente mencionar que, entre outros, tomaban a saída un tal Javier Gómez Noya e tamén Iván Raña. Os mellores de España estaban nesa carreira, e resulta que varios deles foron en moitas ocasións os mellores do mundo. Antonio logrou finalizar a proba sin que os dobraxes que ía facendo Gómez Noya o alcanzasen.
Destacar o 26º posto acadado polo Club Triatlón Lalín na clasificación final por equipos. Podemos decir que somos o vixésimosexto Club de España, a pesar de ser un equipo modesto, un grupo de amigos que entrena e compite o mellor que pode sacando o tempo e os recursos de onde non os hai. Creo que podemos estar orgullosos e contentos co feito esta tempada.
Fotos:
– Agustín Crespo rematando o primeiro sector de natación de 1500 metros.
– Agustín Crespo no sector ciclista. Un auténtico espectáculo de forza e potencia sobre a bicicleta. Derrapaxes na frenada do punto de xiro e arrancadas brutais. Impresionante.
– Miguel Varela no sector ciclista. Outro auténtico espectáculo ver a remontada que sempre fai na parte ciclista. Lástima do pinchazo.
– Victor Soto no punto de xiro da parte ciclista de 40 quilómetros de percorrido.