Ricardo Vázquez Vaamonde gaña a carreira pedestre popular Virxe das Dores en Lalín.

grupo

Ricardo Vázquez Vaamonde foi o flamante vencedor na carreira pedestre popular Virxe das Dores, que rende homenaxe a Vicente Agulló. O atleta da Escola de Atletismo Deza, nun gran estado de forma, cruzou a liña de meta cun tempo extraordinario de 25 minutos e catorce segundos. Xabier Diaz e Carlos Penas completaron o pódium. Cristian Diaz Lorenzo chegou na quinta praza.

Varios integrantes do Club Triatlón Lalín participamos na proba. Así Paco Mosquera, Carlos Picallo, Antonio Diaz, Requeixo e un servidor disfrutamos da competición organizada pola Escola de Atletismo Deza. Paco Mosquera finalizou no posto 31 cun tempo de 28 minutos e 53 segundos. Antonio González Datorre fixo a posición 34 cun tempo de 29 minutos e 24 segundos. Carlos Picallo parou o crono en 29:39 na praza 37.

En canto a miña actuación, decir que acadei o obxectivo de rematar por debaixo de 30 minutos, así fixen a posición 43 cun tempo de 29:59. Mellorei a miña marca do ano 2007 en máis de dous minutos.

Tamén estaban competindo os meus amigos Txema e Javier, que andan a preparar o maratón de San Sebastián. Seguro que en Donosti farán grandes marcas. Txema ven experimentando unha mellora sustancial nos seus tempos e así comentoume que case rebaixou en catro minutos o seu tempo do ano pasado nesta mesma carreira. Javier ten moito pulmón e capacidade para ser un gran corredor. Desde este blog seguiremos atentos a súa progresión.

txema y javi

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: