Os dez quilómetros da Coruña.

ACoruña10br

Onte, domingo 11 de outubro, participamos na carreira popular A Coruña 10. Trátase de dez mil metros de carreira a pé polo paseo marítimo coruñés. Gustoume o percorrido ideal para facer boa marca.

En canto aos tempos que fixemos destacar o seguinte:

– Gañou a carreira o keniata Peter Kirui cun tempo de 28 minutos e 9 segundos.

– Ricardo Vazquez Vaamonde da Escola de Atletismo Deza fixo unha gran actuación rematando na posición 23 cun tempo de 33 minutos 24 segundos.

– Oscar Pereiro o ciclista galego gañador dun Tour de Francia entrou na posición 185 cun tempo de 38 minutos 47 segundos.

– Jose Carlos Picallo do Club Triatlón Lalín fixo a posición 205 marcando 39 minutos e sete segundos.

– Emilio Ferreiro Herves do Club Triatlón Lalín rematou na posición 235 cun tempo de 39 minutos 35 segundos.

– Antonio Diaz Meigenjo do Club Triatlón Lalín entrou no posto 267 cun tempo de 40 minutos e un segundo.

– O meu tempo foi 40 minutos e oito segundos no lugar 274. Non dou baixado dos 4 minutos por quilómetro.

– Javier García Gil con 41 minutos e catro segundos rematou no lugar 342.

– Jose María Garagorri Jimenez fixo 45 minutos e 35 segundos na posición 747.

Unha bonita carreira, das que deixan bo sabor de boca. Agora iremos a Ourense e despois a Santiago.

Anuncios
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: