Maratón do Miño.

ponte ourense br

Onte participamos na maratón do Miño. Ourense foi o escenario doutro día de atletismo.  Esta vez o reto consistía en facer unha maratón en tres relevos de 14 kilómetros cada un.

O noso equipo acadou o posto 22 de un total de 214 inscritos, o que creo que foi unha boa actuación. O primeiro relevo fíxoo Fran. A segunda posta fíxena eu e finalmente Ricardo rematou a tarefa deixándonos excelentemente clasificados.

O trio formado por Txema, Javier e Brea fixo tamén un bo percorrido firmando a posición 78. Destacar que Txema e Javier fixeron outra volta máis ao percorrido para seguir avanzando na súa preparación para a Maratón de Donostia. Igualmente fixo Fran, que lle dou tamén dúas voltas sumando 28 quilómetros percorridos. Estes corricolaris son verdadeiramente incansables.

Agora o reto trasládase ao próximo domingo. A praza do Obradoiro nos espera. A carreira pedestre popular Camiño de Santiago será outro ano máis, escenario doutro día de deporte e amistade.

O domingo en Santiago, pecharei a miña tempada 2009. Gustaríame poñer un broche de ouro a este ano. Sairei a lume de carozo para tentar acadar unha nova plusmarca personal nesta carreira. Será difícil, pero loitarei por este pequeno novo soño.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: