Os dez quilómetros de Xinzo da Limia 2010 con perigo por conxelación.

Hoxe tocaba a carreira de Xinzo. E alá fun. Madrugón e frescor matinal. A estrada afortunadamente deixou chegar ata a Limia e alí me presentei. Fun coller o dorsal e a buscar un café quentiño.

Pouco despois, apareceron os meus amigos corricolaris Javi, Txema e Ricardo. Alegría e saúdos. Pregunteilles polos detalles da súa última experiencia na maratón de Donosti e do inicio do novo ano.

Tamén chegaron o grupo, sempre animado, da Escola de Atletismo Deza, Fernando, Verónica, Cabanillas, e moitos máis, sempre presentes nas carreiras populares por toda Galicia. Así da gusto.

E as 11:30 a carreira. A temperatura rondaba -1 grados baixo cero. O vento polar facía que a sensación térmica fose aínda peor. O quecemento fixémolo no interior do pavillón de deportes. E por fin a saída.

Saio a polo obxectivo que tiña pensado, correr a 4 minutos por quilómetro. Ata o quilómetro tres iba no tempo estipulado. Alí pasoume Ricardo. Tentei continuar con el e pasamos polo quilómetro 4 ainda no ritmo que quería. Pero a partir de ahí xa vin que non tiña o día, que non carburaba e fun pouco a pouco a menos. Pasoume Javier, que cada vez corre mellor, e deixoume atrás despois de saudarnos e facer un tramo xuntos. Os últimos quilómetros eu xa ía a 4:15 e 4:20, para rematar en 42:15 en meta.

Agora a ver os tempos que supoño que os teremos en breve.

En canto ao meu balance particular, para ter un mal día como tiven, non estou descontento. Os primeiros catro quilómetros ían xa no ritmo que vou buscando, e faltoume poder manter esa carreira ata o final. O frío sí parece que me limitou. Non teño aínda moita preparación. E ademáis, o ano pasado por estas datas estaba lesionado  a pesar delo logrei facer unha tempada espectacular. Polo tanto a seguir coa programación prevista e coa esperanza de mellorar pouco a pouco os meus rexistros.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: