O temporal e o abandono danan Ponte Taboada.

Coñecín a través da prensa, que o último temporal causou un derrube en Ponte Taboada. Sendo esta unha das miñas paraxes preferidas da comarca do Deza, e tendo en conta  a importancia histórica e cultural deste lugar polo que pasa a vía da prata cara Santiago, este feito molestoume bastante.

Estando en plena promoción do ano Xacobeo e do Cocido de Lalín, a conservación do noso patrimonio histórico debería ser moi distinta da que é. Se pretendemos ser destino turístico, se queremos poñer o mellor de Galicia no escaparate, hai que  previamente recuperar e coidar o legado  que dende o pasado chegou ata os nosos días.

Certo é que padecemos un inverno con bastantes inclemencias meteorolóxicas, e foron estas as principais causantes do dano na ponte. Pero tamén é certo, que a sociedade do Xacobeo encargada de mirar polos camiños de Santiago pasou non hai moito por Ponte Taboada, e non reparou nunha fenda bastante apreciable no lugar onde agora se dou o derrube. Non hai que ser un especialista en patrimonio para ver que a ponte necesitaba un traballo de consolidación nesa parte.

De todos os xeitos, esperemos que inmediatamente se arranxe o dano, e tamén aproveitando a ocasión, se recupere o entorno no que se atopa a ponte, en especial un muiño que existe nas inmediacións e que está case sepultado pola maleza.

Non empecemos o Xacobeo polo tellado.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: