Correndo na Meia Maratona Manuela Machado 2010 en Viana do Castelo.

Hoxe participamos en Viana do Castelo (Portugal) na Meia Maratona Manuela Machado. Trátase dunha proba de máis de 21 quilómetros de carreira a pé que homenaxea a famosa atleta portuguesa que lle da nome a carreira.

Alá fomos cinco expedicionarios cara as terras veciñas do outro lado da raia. Finalmente Miguel non puido tomar a saída por unha pequena lesión, pero Javier, Txema e este que escribe fomos decididos na busca dos nosos obxectivos persoais nesta carreira.

Javier fixo un tempo sensacional de 1 hora e 28 minutos. Segue coa súa progresión nas carreiras e dá a sensación de poder seguir mellorando moito máis. Txema acabou satisfeito co seu tempo de 1 hora e 42 minutos. No meu caso fixen un tempo de 1 hora 30 minutos e 59 segundos.

A miña análise particular é positiva. Xa vou encarrilando o tema da carreira a pé. Os adestramentos desta semana foron ben dirixidos. O ritmo se cadra foi algo ambicioso para mín, pois moitos quilómetros os fixemos ao redor dos catro minutos. Pagueino un pouco na parte final, pero xa era consciente do que podía pasar.

E despois fixemos a ruta gastronómica correspondente e disfrutamos dos encantos da vila portuguesa de Viana do Castelo. Un día perfecto.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: