O Club Triatlón Lalín empezou a competir no Duatlón Cross de Beariz 2010.

A tempada de competicións comezou para os deportistas do Club Triatlón Lalín. Onte, domingo día 31 de xaneiro do 2010, seis integrantes do plantel de deportistas do Tri Lalín desprazámonos ata Beariz a disputar un duatlón cross. Esta proba era a apertura do calendario da Federación Galega de Triatlón e non quixemos faltar a cita.

A proba de Beariz resultou certamente esixente e completa. Os primeiros cinco quilómetros de carreira a pé tiñan dous tramos de durísima subida polo monte que rompían o ritmo de carreira a todos os deportistas. O segundo sector de bici de montaña facíase tamén bastante duro a pesar de non ser moi técnico. Finalmente o terceiro sector de carreira tamén tiña un tramo de subida dura polo que tamén pasamos no primeiro sector.

Unha das novas incorporacións da plantilla, Jose Manuel Gómez Bestilleiro, firmou a mellor actuación para o Club Triatlón Lalín, rematando na vixesimo segunda posición na clasificación.  Estivo especialmente destacado no sector de BTT onde fixo o 18 mellor parcial.

En canto ao papel dos nosos deportistas, destacar tamén a boa actuación de Paco Mosquera. Especialmente interesante foi a súa evolución no terceiro sector onde acadou o noveno mellor tempo de todos os participantes. Finalmente rematou no lugar 24 na clasificación.

Samuel Fariña, outra das incorporacións ao equipo, tamén se desenvolveu bastante ben na proba. Rematou na posición 47, sendo na parte ciclista onde acadou a mellor evolución.

Alejandro Fojo, outra das novidades do equipo, fixo tamén unha boa competición. Moi ben na primeira parte de carreira, concluíndo arredor dos vinte minutos. Na bici parece que sufriu unha pequena caída o que non impediu que rematase a proba na posición 58.

Manuel Requeijo fixo unha gran proba. A pesar de estar limitado por un catarro, Manuel cumpliu coma un campeón. Levaba un excelente ritmo no sector de bici de montaña.

En canto a miña actuación decir que foi moi discreta. O primeiro sector de carreira completeino bastante ben, parando o crono en pouco máis de 20 minutos. O ciclismo fíxoseme bastante dificultoso pois levo moi pouquiño adestrado na bicicleta polo de agora. Rematei na clasificación final na posición 87. Os obxectivos do ano están para mín en Xuño e Xullo, e polo tanto queda moito camiño por percorrer.

Anuncios
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: