Carreira popular de Padrón 2010. Correndo coa élite.

Cristian durante a proba.

Impresionante o nivel dos deportistas que xuntou hoxe a carreira popular de Padrón. Unha ollada rápida a clasificación amosa qué grandísimos deportistas loitaron pola victoria.

O gañador foi Iván Iglesias Carballo que percorreu os 10.400 metros nun tempo de 32 minutos e 53 segundos, facendo un ritmo de 3:09 por quilómetro.

En segunda posición quedou Iván Raña. O ordense que ven de gañar o duatlón de igualada, participou na carreira coma un atleta popular máis, eso sí, exhibindo a súa clase dende a saída marcando xa un ritmo moi alto, para rematar en segunda posición cun tempo de 33 minutos 33 segundos, a un ritmo por quilómetro de 3:13.

Terceiro foi o marroquí Akka Essadaqui. Parou o crono en 33:39 a un ritmo de 3:13.

Cuarto lugar para o noso compañeiro Cristian Díaz Lorenzo. Impresionante. Codeándose cos mellores. 33:57 a un ritmo de 3:15.

Quinto, un coñecido das probas de duatlón e triatlón. Anton Ruanova con 34:32.

Sexto, Luis Fernández Viñas 34:33.

Sétimo, un tal… Alejandro Gómez. Este foi olímpico non si?

Oitavo. Sideral. Ricardo Vazquez Vaamonde. O corredor da escola de atletismo do Deza correndo entre la “flor y nata”. Impresionante Richi. 34:56 a un ritmo de 3:20.

A destacar entre os corredores locais do deza:

56. Ricardo Rey Castro, Vila de Cruces, cun tempo de 38:40

129. José Luis Rodríguez Jácome, 42:03. O meu tempo non estivo mal, a unha media de 4 minutos por quilómetro. Esa é unha barreira que non son quen de rebasar, pero hai que seguir loitando.

241. Luis Lalín cun tempo de 45:31

270. Manuel Rodríguez 46:19

304. Alfonso Rubial 47:23

306. Riera

320. Luisa Lalín

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: