Duatlón de Leiro 2010. Competindo nas beiras do Avia.

Sete deportistas do Club Triatlón Lalín participamos no duatlón de Leiro. A proba transcurría polas inmediacións do río Avia. Foron 5000 metros de carreira a pé, vinte quilómetros de ciclismo e un terceiro sector de carreira a pe de 2500 metros.

Lamentar a lesión de Paco Mosquera no tramo inicial de carreira. Unha mala pisada provocoulle unha escordadura no tobillo. Lástima pois estaba nun estado de forma excelente como así o demostrou no duatlón cross de Candeán onde fixo a posición 12ª, preto do “top ten”.

Emilio (posición 59) debutou na competición 2010 nesta proba e tamén Antonio Díaz (posto 49). Fixeron boas actuacións e irán mellorando en novas carreiras.  A nivel persoal (posición 64) quedei contento coas miñas evolucións despois de adestrar mal durante a semana por mor dun inoportuno resfriado, aínda así, no primeiro 5000 fixen 19:17 chegando a transición con Antonio e Emilio, e despois na bici destacar o bo ritmo que levamos no grupo no que íamos. Tamén moi importante para o equipo foi o esforzo de Manuel Requeijo (97), José Manuel Gómez Bestilleiro  (85) e Samuel Fariña (77).

Emilio Montilla finalizou na segunda praza. Unha vez máis amosou a súa calidade deportiva e humana, pois, podendo vencer na carreira, deixou que Antón Ruanova ocupara a primeira posición sin querer aproveitarse dun desafortunado esbarón que sufrira o seu rival. Un xesto o de Montilla de gran deportividade que demostra que é un campeón en todos os sentidos.

Saleta Castro gañou a carreira feminina mostrando unha gran superioridade na parte ciclista.

Anuncios
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: