A Volta a Castela e León 2010 remata en Compostela.

Hoxe saímos en bici coa idea de presenciar en directo o transcurso da derradeira etapa da Volta Castela e León. O percorrido do día era polo itinerario do Camiño Francés a Compostela. Saímos de Lalín a Melide, e dende alí fomos ao encontro dos ciclistas. Atopámolos preto de Palas de Rei. Tomei esta fotografía. Vése o control da “garda pretoriana” de Alberto Contador no grupo principal. Por diante ía un grupo de fuxidos no que se atopaba o corredor do Xacobeo Galicia, Rabuñal. O ritmo destes ciclistas profesionais é descomunal. Despois das duras etapas destes días que levaban nas pernas, parecían pedalear con facilidade.

Despois continuamos co noso adestramento. A nosa pequena grupeta seguiu por Monterroso, Agolada e finalmente Lalín. No repeito de Muimenta sofrín o forte ritmo que marcaban os meus dous compañeiros de adestramento e aínda aguantei algo a “marcheta” tremenda que puxo Nercellas e que Txiki puido manter. Vou mellorando. Estes adestramentos veñen ben.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: