Moito esforzo no Duatlón de Santiago 2010, e final feliz.

O sábado día 24 o Club Triatlón Lalín desprazou aos seus efectivos dispoñibles ao Duatlón de Santiago. A carreira coma todos os anos presentaba o seu esixente percorrido tanto na parte de carreira como no segmento ciclista. A dureza das partes en subida na carreira e sobre todo no ciclismo, fixo que todos nos tivesemos que empregar ao máximo.

Saímos coma sempre a por todas, sen escatimar esforzos. Por unha banda, Paco Mosquera, que rematou entre os primeiros na carreira de categorías,  conseguiu finalmente entrar entre os clasificados para o campeonato galego. Moi ben por Paco, que saíndo dunha lesión fixo unha carreira extraordinaria.

Moi ben Picallo e Emilio, rematando cun tempo de 1 hora 5 minutos. Armando e Mundi, fixemos as posicións 72 e 71 respectivamente con algo más de 1 hora e 6 minutos. Requeixo, todo pundonor, fixo a súa carreira e loitou ao máximo buscando a mellor posición posible.

Reflexionando sobre a miña actuación na proba, teño que decir que coma case sempre o entusiasmo me perdeu un pouco optando por participar na carreira élite. Corrín ben, pero o meu sitio está na carreira B. Fixen un tempo 3 minutos por debaixo da miña actuación nesta mesma proba no ano 2009. Especialmente me atopei ben no terceiro sector onde as pernas corrían sóas cunha cadencia que me deixou gratamente sorprendido. Resumindo, corro bastante ben, pero hai moitos outros que corren bastante mellor.

Agora a pensar no Duatlón de Guitiriz.

Anuncios
Deja un comentario

3 comentarios

  1. Paco

     /  27 abril 2010

    Que pasa campeón! o entusiasmo non te perdeu nada, sobre todo tendo en conta o tempo con respecto ó ano pasado (menudo dato que omitías, neno).3′ menos creo que está de p..madre.Como comentábamos o día da proba, acontece que correr este ano na proba de élite pode ser un pouco agobiante, xa que as circunstancias (pouca xente e demasiado nivel) non animan nada, pero xa ves que pasas o corte holgadamente. Se todos os que pasamos o corte corremos en élite, habías de sentirte moito mais cómodo. Quedate co dato dos 3 min. que é a referencia (exactamente o mesmo tempo que recortei eu con respecto ó 2009).
    Agora, o que me desmoraliza é que me quites da lista de clasificados para o galego,logo de darme tantas esperanzas. Que sí que entrei home!:agora, a ver quen se pega o tute de meterse mais de 2h de duatlón, xa sudo so de pensalo!

    Responder
  2. dezarutas

     /  27 abril 2010

    Pois felizmente acabo de decatarme de que sí, estás clasificado para correr o campeonato galego. Genial. Ben que o mereces. Mirei onte e non te vin na lista, pero deberon facer algunha rectificación e agora sí estás entre os elixidos. Felicidades, campeón.

    Responder
  3. Hola Mundi.
    Se me pasas un correo mándoche unha foto que che fixen na parte de bici.
    Foi unha boa carreira, xa vin que na 1ª parte ías controlando o tempo, e logo na bici vinte moi ben.
    Eu mellorei 4 minutos o tempo do ano anterior, pero é que todo mundo mellora así que non se nota!

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: