Duatlón de Guitiriz 2010. Progresando pouco a pouco.

O sábado día 1 de maio estivemos participando no duatlón de Guitiriz. Armando, Emilio e este que escribe fomos a pasalo ben facendo o que nos gusta. Esta vez os tres decidimos correr na carreira B. A proba coma todos os duatlóns, córrese ao límite dende o comezo. 5000 metros de carreira, vinte quilómetros de ciclismo e finalmente 2500 metros máis de carreira. Sempre a tope.

En canto a miña carreira, decir que no primeiro sector progresei dende atrás e remontei bastantes posicións. Cheguei a ir relativamente ben situado, pero na segunda volta de carreira xa notei que ía a tope e non podía incrementar o ritmo para ir máis cara adiante, e sufrín a tope para manter a velocidade coma fose. Na transición fixen unha incorporación a bicicleta aceptable e despois vinme nun grupo que ía moi reservón, así que decidín pasar ao ataque tentando fuxir e alcanzar a outro grupo dianteiro, pero só contra o vento non era posible, e aínda que colaborando con outro duatleta do Club Olímpico de Vedra case nos fugamos, chegamos todos xuntos a transición. Alí cometin un pequeno despiste no box, pero no ultimo tramo de carreira avancei tamén algunha posición. Total que rematei no posto 61 cun tempo de 1 hora e 6 minutos, a tan só dez posicións de clasificarme para o campeonato galego. Estou contento.

Emilio non tivo o seu día. Algún problema estomacal fixo que non rendese ao seu nivel, e foi unha mágoa porque de coincidir no mesmo grupo de carreira ou de ciclismo houberamos colaborado para avanzar posicións.

Armando leva unha tempada máis tranquila. No ciclismo veuse un pouco só, sen grupo, pero aínda así andivo bastante ben.

Total, que dou por rematada a tempada de duatlón cun bo sabor de boca, e agora a pensar xa no ciclismo e no triatlón onde quedan moitos retos interesantes para esta tempada 2010.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: