Fin da tempada de duatlón e inicio de tempada para o triatlón.

O Club Triatlón Lalín pechou as competicións de duatlón coa participación de Paco Mosquera no campeonato galego. En Castroverde celebrouse o domingo 9 de maio a carreira final polo Campeonato Galego de Duatlón sobre distancia olímpica, 10 quilómetros de carreira, 40 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé novamente. A dureza da distancia olímpica, añadiuse un selectivo percorrido en condicións climatolóxicas adversas. Paco Mosquera, que representaba ao Club Triatlón Lalín tras conseguir meritorimente a clasificación no Duatlón de Santiago, finalizou na posición 37.

No ranking galego sumando as puntuacións acadadas nas outras catro probas do circuito galego, ademáis do lugar 37 de Mosquera, Emilio Ferreiro acadou o posto 62, José Luis Rodríguez Jácome posicionouse no lugar 66, Armando Piñeiro 122, Manuel Requeijo 137, Antonio Diaz 165, Jose Carlos Picallo 170, Samuel Fariña 177 e Jose Manuel Gomez 184.

Ao anterior hai que engadir tamén o feito nas probas de duatlón cross, onde Paco Mosquera rematou 14 no ranking galego, Alejandro Fojo clasificouse no lugar 29 tras participar en todas as probas de cross e Manuel Requeijo 33 tras estar presente tamén en todas as probas facendo un bo esforzo para o equipo.

O luns 17 de maio ábrese a tempada de triatlón co Triatlón de Riazor, e o Club Triatlón Lalín poñerá en liza a varios dos seus efectivos. Así na carreira élite participará Antonio González Datorre, que inicia as competicións de novo despois de acadar a posición 80 no campeonato de España na tempada 2009. Tamén defenderán ao Club Triatlón Lalín participando na carreira de categorías Agustín Crespo, Armando Piñeiro, Jose Luis Rodríguez Jacome, Victor Soto, Miguel Varela, Carlos Vazquez, Juan Guerreiro y Manuel Angel Calvo.

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: