Triatlón de Nigrán 2010. Outra marca máis no revólver.

Xa me vou recuperando da fin de semana. Optei por un programa dobre. O sábado pola tarde participei cos meus compañeiros do Tri Lalín no Triatlón de Nigrán. O domingo pola mañá corrín o campeonato galego de ciclismo na categoría master 30.

Espectacular a crónica do Triatlón de Nigrán escrita por Furacán do Ribeiro no seu blog con imaxes dende unha cámara subxectiva que indican moi ben o que é nadar no mar nun triatlón destas características.

En canto aos resultados acadados polos lalinenses e triatletas do Tri Lalín, decir que hai que resaltar en primeiro lugar a novena praza final acadada por Javier Nercellas para o seu equipo Arcade-Inforhouse.

Os triatletas do Club triatlón Lalín quedamos satisfeitos dos resultados obtidos. Moi ben Agustín Crespo que acadou unha brillantísima 22ª praza na clasificación final. Antonio González Datorre que correu na carreira élite mellorou as súas prestacións e vai a máis. Tamén bo resultado o de Diego Vazquez Trillo, así como o de Carlos Vazquez e Manuel Angel Calvo. Entraron en competición tamén Victor Soto e Juan Guerreiro.

Eu rematei no lugar 103 mellorando a miña carreira do ano 2009 en máis de catro minutos. Na auga mal, coma sempre, pero xa non son tan desastre e vou facendo a natación con algo de sentido. Na bici non teño duda ningunha e correndo mellorei en máis de dous minutos o tempo que fixera na edición do ano 2009 correndo os 5 quilómetros do terceiro sector en 20 minutos. Lástima dun pequeno erro na transición que me fixo perder polo menos 30 segundos. Pero estou contento.

Anuncios
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: