Preparado para Zarautz.

Pois o traballo está feito. Pouco máis podo facer ca descansar, comer ben, beber ben, estar tranquilo e disposto para afrontar este sábado día 12 o Triatlón de Zarautz. Foron máis de seis meses preparando esta carreira e chego o mellor que me foi posible.

O meu obxectivo ten que ser rematar a proba. Se vexo que está ao meu alcance, rebaixar o tempo do ano pasado que foi de 5 horas e 20 minutos. O soño sería completalo en menos de 5 horas, pero o vexo algo lonxe das miñas posibilidades.

Os pronósticos din que nos 2500 metros de natación atoparemos ondas de ata 1,5 metros de altura. Haberá que capear o que veña, sin estamparse contra os cantiles do mar cantábrico. Tranquilidade e confianza nesta parte que particularmente me resulta moi complicada.

No ciclismo espero ir ben. Os adestramentos destes días indican que vou estupendamente sobre a bicicleta. Veremos pois cómo completo os 82 quilómetros de ciclismo coa subida ao Aia incluida.

Na carreira a pé espero non fundir, e levar un ritmo decente durante os 20 quilómetros de percorrido. Correr arredor dos 4:30 por quilómetro estaría moi ben, pero será complicado.

Pidovos unha plegaria pola miña alma.

Hasta la victoria, siempre.

(Nota.- Neste caso a victoria e sobrevivir)

Anuncios
Deja un comentario

4 comentarios

  1. Sorte! o peor é a natación que se hai mala mar o tempo de corte faise bastante esixente, se o superas non vas ter problemas, na bici andas como unha moto e a pe deféndeste ben.
    Eu irei o clasificatorio de Ponte, decepcióname que o pasaran a sprint pero ao menos a ver si logo podo ver o espectáculo da copa de Europa.

    Responder
  2. dezarutas

     /  9 junio 2010

    Gracias e sorte para tí tamén.

    Responder
  3. Alfonso

     /  10 junio 2010

    Pues esta es mi plegaria para tu alma;

    Padre nuestro que estas en las pruebas,
    san(tri)ficado sea tu nombre,
    venga a nosotros tu record,
    hágase tu voluntad asi en el agua como en el suelo,
    danos hoy las barritas de cada dia y perdona nuestras flaquezas, asi como nosotros nos aprovechamos de la de nuestros oponentes,
    no nos dejes fallar en las transiciones y libranos de una pajara, AMEN

    Un saludo, y pasala bien! Alfonso.

    Responder
  4. Estimado Xose Luis. Hoxe souben do que che aconteceu nesta proba…estou bastante consternado tanto polo feito en sí e as consecuencias que puiden vislumbrar como pola reacción do ‘elemento’ en cuestión.

    Deséxoche unha pronta e completa recuperación e que a xustiza poña no seu lugar a semellante calaña.

    Unha aperta.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: