Atletas do Deza copan o podium no triatlón por equipos de Allaríz 2010.

Este sábado, día sete de agosto, os equipos que presentaron os atletas da comarca do Deza ao Triatlón por equipos Vila de Allariz, coparon as tres primeiras posicións na proba.

Así no primeiro caixón do podio quedou a formación LALIN B integrada por Ivan González Datorre que fixo a natación, Agustín Crespo Ferreiroa que fixo o sector de ciclismo e Cristian Díaz Lorenzo que completou o sector de carreira a pé.

No segundo escalón do podio quedou o equipo Lalín C integrado por Antonio González Datorre, Miguel Varela e Emilio Montilla.

En terceira posición rematou o equipo Lalín A formado por Elías Fernández Couso, Javier Nercellas e Pepe Nercellas.

O cuarto equipo clasificado quedou a catro minutos do terceiro tempo marcado polos de Lalín, o que indica a clara superioridade dos conxuntos presentados polos deportistas da comarca do Deza. Asimismo lograron vencer nos tres sectores disputados, natación, ciclismo e carreira a pé froito de poñer en cada proba aos mellores especialistas.

Esta é unha mostra do altísimo nivel dos deportistas da comarca nesta disciplina. Os integrantes do Club Triatlón Lalín intensifican os adestramentos para as últimas citas que restan da tempada (foto adxunta).

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: