Vuelta a España 2010. Nibali gaña a Vuelta e Ezequiel Mosquera leva o segundo premio mais unha victoria de etapa.

Rematou a Vuelta a España 2010. Nibali primeiro, Ezequiel Mosquera segundo e Peter Velits terceiro.

Fermoso espectaculo o brindado polos ciclistas durante estas tres semanas pasadas, que quedaran na retina dos afeccionados, polo  ciclismo de primeirísimo nivel ofrecido polos corredores.

Xusta a victoria de Nibali, que foi o máis regular durante a Vuelta. Igor Antón ben puido ser o gañador, pero a mala sorte en forma de caída e abandono obrigado llo impediu. Moi ben Joaquim Rodríguez que amosou a súa calidade con victorias de etapa e levando o maillot bermello. Bos sprints os disputados por Cavendish, Tyler Farrar e Petachi. Grandes victorias as acadadas por Philippe Gilbert, Imanol Erviti ou David Moncoutie.

Pero especialmente o que gañou os corazóns dos afeccionados foi Ezequiel Mosquera. Xeneroso no esforzo na estrada e unha persoa encantadora dentro e fora da competición con todos os afeccionados e informadores. Espectaculares as súas prestacións ciclistas. A punto de lograr a victoria na Vuelta, foi merecido gañador da penúltima etapa con final na cima da Bola do Mundo. Púxonos a todos a carne de galiña cando atacou a morte para gañar a volta, ainda que Nibali resistiu a duras penas o ataque demoledor do galego.

Tamén felicitar a todo o plantel do equipo Xacobeo Galicia. A rentabilidade publicitaria creo que está fora de toda dúbida. A rentabilidade deportiva tamén. Agora esperemos que o equipo continúe, pois de non ser así, sería unha inxusticia terrible.

Noraboa, Ezequiel. Noraboa Xacobeo. Noraboa Galicia.

Anuncios
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: