Concellos saudables de ruta polo maxestuoso sobreiral do Arnego.

Hoxe voltamos coas rutas de sendeirismo. Colaborei gustoso unha vez máis con Concellos Saúdables, no deseño e realización da ruta de sendeirismo do sobreiral do Arnego. A actividade foi un éxito unha vez máis gracias a boa organización dos traballadores do programa Concellos Saudables de Lalín e do entusiasmo e interés dos participantes, máis de sesenta.

Teño que decir, en primeiro lugar, que partín para trazar esta ruta das enseñanzas de Manuel Busto (Aqualatam), vaia o meu agradecemento dende  eiquí,  que nos preparou de forma exquisita, alá polo ano 2005, unha ruta en bicicleta de montaña por estes lugares. Simplemente adaptamos parte do percorrido ao sendeirismo, escollendo os tramos máis atractivos para  ter a distancia de 17 quilómetros apta para todos os niveis de esixencia física. Tamén fixemos traballo de campo para suprimir os tramos de asfalto e engadir camiños novos que nos levaron ata o castro de Palio e a igrexa de Santa Baia. Igualmente intentamos facer unha pequena labor de documentación para poder, polo menos mencionar a grandes rasgos os elementos arquitectónicos, arqueolóxicos e naturais que fomos atopando ao noso paso.

Fomos en autobús ata a igrexa de Cangas. Alí escomenzamos a andaina, ao pé do cruceiro adicado a Santiago Peregrino. Despois de ver a igrexa románica de Cangas, continuamos por pistas asfaltadas ata a vella fábrica de papel de Rodís. Tamén visitamos a igrexa de Rodís. Logo xa nos adentramos polos camiños do souto das Teixugueiras. Chegamos a Palio. Alí escollemos camiños que nos levaron ata o pé do Castro de Palio. Admiramos dende o camiño, e con respeto absoluto ao xacemento arqueolóxico, os elementos que aínda se poden percibir deste Castro. Seguimos pola igrexa de Santa Baia. Xa na parte final centrámonos no fermosísimo sobreiral do Arnego, que primeiro contemplamos dende o mirador da Espiniceira, e despois,  ao pé do Arnego, camiñamos polas sendas debaixo das sobreiras.

Gracias a todos por participar. Seguiremos con este tipo de iniciativas que serven para a difusión da enorme riqueza e variedade do noso patrimonio monumental, histórico, etnográfico e natural.

Fotos da xornada:

Rodís

Castro de Palio

Teixugueiras

Mirador da Espiniceira

Sobreiral

Anuncios
Entrada anterior
Entrada siguiente
Deja un comentario

3 comentarios

  1. Cantas fotos haberá debaixo desa sobreira!. Eu, alomenos, sei dunha na que coincidimos. Que magnífica xornada aquela!

    Saúdos

    Responder
  2. dezarutas

     /  25 octubre 2010

    Sí señor, eu tamén me lembro. Un saúdo.

    Responder
  3. Esther

     /  17 marzo 2011

    Hola!
    Me acabo de mudar a vivir por aquí y me gustaría tener información de las rutas de esta zona. Un saludo!
    Gracias!

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: