Carreira solidaria. Ningún neno sen xoguetes.

Hoxe fun un participante máis da carreira solidaria Ningún neno sen xoguetes que se celebrou en Lalín. Unha bonita iniciativa que xunta ao deporte coa solidariedade. Felicitar dende eiquí aos promotores deste evento e desexar que a recadación alimente a ilusión dos máis pequenos que realmente o necesiten.

A carreira serviu tamén para atopar a moitos bos amigos cos que xa había tempo que non coincidía. Fixemos deporte e botamos unhas cuantas risas. Tamén poidemos saúdar e fotografiarnos con Javi Gómez Noya, Ivan Raña e Pedro Nimo. Tres grandes do deporte galego que son grandes tamén fora das competicións axudando en iniciativas coma as de hoxe e animando sempre aos deportistas populares.

Había ata un Papa Noel correndo. Surribas e mais eu estivemos dándolle réplica. Eu preguntei polo meu scalextric pero Papa Noel díxome que algo debera de facer mal que non mo trouxo. En fin, son as cousas do nadal.

Fotos:

 

 

 

 

 

Anuncios
Deja un comentario

1 comentario

  1. Ola; alguén procedente do teu blogue tentou facer un comentario no meu blogue sobre o circuito de andainas de Lalín para poñelo no calendario de CnG e puxo un mail que “rebota”.

    Esta é a resposta.

    Si se trata de incluilas no calendario ou de abrir un fío no foro (mellor un só fio para tódalas actividades) non tendes mais ca rexistrarvos no foro; como rexitrados poderedes crear fíos directamente (recoméndovos presentarvos no sub-foro “Kedadas, grupos, presentaciones” e logo xa facer o voso fío en “Montaña, andainas y orientación”) para o calendario teriades que facer un envío de cada evento e esperar que admin volo poña ou enviarmo a min para que eu o poña.

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: