Andaina a Tellería de Sello baixo a choiva.

Hoxe, domingo 27 de marzo, seguindo co calendario previsto, Entornos Saudables celebrou a ruta a Tellería de Sello. Case cuarenta persoas participaron nesta actividade, aínda que a choiva acompañou aos camiñantes case todo o percorrido. A pesar delo a ruta desenrolouse con normalidade, e os sendeiristas visitaron como lugares de interés o castro de Xaxán, o castro de Goiás, o monte Toxo onde aterrizou Loriga en 1927, a Tellería de Sello, as carballeiras de Cima do Alle, retornando a Lalín polo paseo Pontiñas e pasando por diante da nova casa do Concello. En total a ruta sumou 18 quilómetros.

No castro de Goiás o grupo apreciou a dobre muralla do recinto castrexo e a amplitude do recinto central, o que fai supoñer que este castro foi un asentamento poboacional importante no seu día.

Na visita a Tellería de Sello, que foi no seu día industria próspera na fabricación de tella e ladrillo, os participantes puideron observar o que queda dos fornos de cocción e a laguna que se formou no lugar de extracción da arxila, que hoxe é hábitat de diversas especies de aves.

As rutas continuarán proximamente buscando lugares da rede natura do concello como Zobra e Ameixedo, esperando aproveitar a mellor climatoloxía da primavera e o verán.

 

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: