Ruta polo Testeiro, Subirol e a devesa de Alén.

Hoxe disfrutei dunha fermosa andaina por terras do Irixo. Xurdiu unha bonita oportunidade de coñecer novos lugares da Serra do Testeiro e non a quixen desaproveitar. Organizada por un grupo de amigos do Carballiño, o roteiro foi moi completo ofrecendo beleza paisaxística e a posibilidade de coñecer e conversar con xente nova.

O percorrido levounos por case quince quilómetros da Serra do Testeiro no concello do Irixo. Partindo de Nogueiroa fomos gañando altitude subindo cara o Testeiro pola parte de Pena Pixín. O descenso fixémolo en dirección ao lugar de Subirol e posteriormente os camiños que percorremos foron pola devesa entre Subirol e Alén. Cruzamos por unha pequena ponte o río Viñao, e finalizamos o roteiro no lugar de Froufe.

Destacar as vistas panorámicas que divisamos no ascenso e descenso a serra, e sobre todo o treito que fixemos pola devesa que foi dunha beleza espectacular. A organización foi perfecta, a climatoloxía acompañou, e tralo remate disfrutamos dun xantar en Dadín.

Anuncios
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: