Organiza Concellos Saudables Lalín.
Data: Domingo día 29 de abril de 2012.
Concentración dos participantes as 9:00 na praza da igrexa de Lalín.
Saída as 9:30 horas.
Distancia 16 quilómetros.
Dificultade baixa.
Duración aproximada 4 horas.
Circular. Saída e remate en Lalín, na praza da igrexa, no quilómetro 0.
A ruta non está marcada e será guiada, facéndose a un ritmo pausado e agrupados.
Participación libre e gratuita. Non se precisa inscripción.
Recoméndase levar calzado adecuado para o senderismo, e tamén avituallamento sólido e líquido.
O percorrido inclúe: Lalín. Paseo Pontiñas. Carballeira da Crespa. Estibelle. Carballude. A Ribeira. Río Asneiro. Castro de Sestelo. Botos. Baxán. Filgueiroa e retorno a Lalín. Os camiños atravesan sucesivamente varias carballeiras, haberá un tramo ao pé do río Asneiro, e visitaremos o Castro de Sestelo, o muiño de Baxán e o Pazo de Filgueiroa.