Andaina ao Ameixedo.

Dentro das andainas de Concellos Saudables, o próximo día domingo 24 de xuño de 2012, organizados a ruta a Ameixedo e monte do Coco.

A aldea de Ameixedo é posiblemente a máis alonxada da capital do concello de Lalín. Resulta ser un lugar de espectacular beleza paisaxística e está integrada en territorio incluído na rede natura. A súa devesa ten un altísimo valor ecolóxico e ven sendo un bosque virxe prácticamente inalterado pola man do home. O camiño por entre a devesa franquea por unha ponte de pedra o río Grovas e vai ascendendo entre acivros e carballos.

Para aqueles que non coñezan o lugar, esta é unha andaina moi recomendable. Para aqueles que xa disfrutamos deste lugar é unha nova oportunidade para voltar a este lugar único do noso concello.

– Día: domingo 24 de xuño de 2012.

– Hora: 9:00

– Lugar de concentración dos participantes: Lalín, praza da igrexa, quilómetro cero.

– Autobús: Dende a praza da igrexa un autobús levará aos participantes ata o punto de partida da andaina. O autobús partirá as 9:15 horas da mañá.

– Distancia: 17 quilómetros de dificultade media-alta. Con posibles alternativas que suavicen o percorrido.

– Duración da andaina: 4 horas. Empezamos as 9:45 e remataremos as 13:45. O autobús recóllenos e lévanos de volta a Lalín, e chegaremos arredor das 14:15 horas de novo a praza da igrexa.

– Material: Recoméndase levar un pequeno avituallamento sólido e líquido. Hay fontes en varios puntos da andaina.

– Inscripción: Prezo 5 euros que corresponden ao custe do autobús. O ingreso hai que facelo no número de conta seguinte: 2100 2798 77 0200075375 poñendo no concepto andaina a ameixedo o nome de quen ingresa e o número de participantes. Prazo de remate da inscripción o venres 22 de xuño.

– Para calquera dúbida podedes chamar a os teléfonos 699396212 e 665820790, neste último en horario de tarde.

 

Anuncios
Entrada anterior
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: