Devesa da Rogueira, o corazón do Courel.

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!. Eiquí síntese ben o pouco que é un home. Augas brancas da Rogueira!. Bouzas pechas d’uces e xestas!. Abrairas teixos faias xardois e reboleiras!. Outo bosco calado!. Fontiñas do corzo!. Carrozos de picafondo!. Non hai outro tempo máis vasto nin outro credo que este silencio.

Hoxe puidemos admirar as terras do Courel. Foi unha andaina extraordinaria pola devesa da Rogueira. Os versos de Uxío Novoneira amosan ben a grandeza deste lugar único e idílico. Cando ademáis se disfruta en agradable compaña como foi o caso de hoxe o día resulta perfecto.

A devesa da Rogueira resulta ser unha xoia botánica de beleza e valor incalculables. Este bosque garda con agarimo no seu regazo unha inmensa diversidade de flora e fauna, o que combinado coa súa singularidade paisaxística e etnográfica, fan del un lugar espectacular, un tesouro que debemos conservar e divulgar.

Nas cotas baixas están os soutos de castiñeiros. A medida que se gaña altitude van aparecendo carballos e acivros. Na parte máis alta están os teixos e as faias. Pero entre elas hai outras especies arbóreas e tamén de prantas coma o arándano, fresas silvestres, etc. Alí medran e florecen todas elas rodeadas da humidade que supura esta parte da serra do Courel que está presidida polo seu cumio máis alto, o Formigueiros.

Fotos:

Anuncios
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: