Historia dunha fotografía.

foto antiga

Hai uns días decidín visitar a esposición de fotografías no Museo Municipal Ramón María Aller inaugurada o 14 de decembro de 2012. Parece ser que esta mostra foise configurando coa aportación de imaxes antigas polos veciños de Lalín. Baixo o título “Veciños de Lalín. 1912-2012” aparecen unha serie de retratos de xuntanzas, festas ou simplemente imaxes da vida cotiá de Lalín nestes últimos cen anos. Certamente creo que foi unha iniciativa moi atinada e a visita a esta mostra considero que é moi interesante.

Quedei intrigado polo retrato que encabeza este artigo, e que figura no cartel promocional da exposición. Trátase dunha imaxe tomada na parroquia de Catasós. Pola miña vinculación familiar e vital a esta parroquia levo uns días observando as persoas que aparecen retratadas e creo recoñecer a algunha delas. Nembargantes non estou seguro de acertar. Decidín preguntar na casa e aos veciños do lugar. Algunha das persoas retratadas van tendo nome.

Está identificado no centro da imaxe Don Ramón María Aller Ulloa, astrónomo e un dos homes ilustres de Lalín. Tamén o sacerdote Don Vitoriano, que parece que foi quen casou aos meus pais. Creo recoñecer a algún outro familiar pero non o teño claro. Se alguén me pode axudar, quedaríalle agradecido.

Anuncios
Entrada anterior
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: