San Lorenzo de Carboeiro.

fachada sur br

O mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro érguese na fondura do val do río Deza a xeito de ofrenda en pedra a beleza natural do seu entorno. É unha obra mestra, un canto a armonía e o equilibrio. Unha testemuña que pervive ao paso dos séculos. A orixe deste monumento pode datarse arredor do ano 920, no século X da nosa era. Foi fundado polos Condes do Deza, Don Gonzalo e Dona Teresa. Trala morte do Conde foi a súa viuva a que mantivo o impulso protector e benefactor que propiciou a continuidade deste mosteiro. (Bibliografía: “Carboeiro, el arte que renace de sus cenizas” por Armando Vázquez).

fachada norte br

O ano 1835 tivo lugar a chamada desamortización de Mendizábal. Este proceso supuxo a “expropiación” dos bens da igrexa e a súa venda en pública subasta. O mosteiro de Carboeiro tamén sufriu esa situación que dou lugar ao seu abandono e por tanto a súa ruina. As hedras e a maleza, o saqueo das súas pedras e outras pertenzas levouno a unha agonía. Os seus teitos derrubáronse e isto amenazaba co desplome dos seus muros. Afortunadamente, a partir de 1970, empezou o proceso de restauración que salvou miragrosamente da desaparición ao mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro.

fachada este br

O monxe Fernando aparece na metade do século XII en Carboeiro. De monxe pasou a Abade. O seu goberno dirixuise a acadar a edificación da igrexa do mosteiro. O seu forte carácter e o bo goberno que fixo do mosteiro, agrandou os recursos dispoñibles que permitiron afrontar a obra da igrexa. Resultou ademáis que na edificación da igrexa participaron mestres canteiros que construiron a catedral románica de Santiago de Compostela, e pode ser que o Mestre Mateo (autor do pórtico da gloria) estivese en Carboeiro na fábrica da igrexa. Algún autor opina que Carboeiro sería unha miniatura concebida coma ensaio para o que foi a edificación da Catedral de Santiago.

nave central br

Por Carboeiro desviábanse os peregrinos que ían pola chamada Vía da Prata a Santiago de Compostela. O camiño ata o mosteiro pagaría a pena percorrelo pois os peregrinos atoparían comida e refuxio, e tamén a hospitalidade dos monxes. A igrexa de Carboeiro, pódese considerar coma de peregrinación, contando cunha xirola por detrás do altar, así coma varias capelas, en concreto tres capelas absidais nas que ainda se perciben restos de pinturas murais.

xirola br

Anuncios
Entrada anterior
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: