Xunqueira de Ambía.

xunqueira de ambia br

Participei días atrás nunha andaina moi ben organizada polo colectivo Vía Aurea a carón do río Arnoia (fotos). O temporal non permitiu facelo percorrido como estaba previsto, pero foi un día moi agradable visitando lugares moi destacables dende o punto de vista paisaxístico e monumental.

Tivemos a oportunidade de visitar a colexiata de Santa María na localidade de Xunqueira de Ambía. E para maior disfrute, disfrutamos da música do órgano único alí existente nun concerto didáctico por unha das mellores organistas de Galicia.

Certamente quedei impresionado da beleza desta colexiata, que foi mosteiro, e recordei a primeira vez que estiven alí cando percorrín a Vía da Prata no ano 2006 (foto superior). Nesta ocasión puiden facer unha visita en detalle do monumento e tomei algunhas fotografías que engado a continuación.

xunqueira most br

Contan as lendas que no lugar atopouse unha escultura en madeira da Virxe e levantouse unha pequena ermida no século IV. No século X fundouse un mosteiro. No século XII o mosteiro foi entregado por Alfonso VII aos Canónigos Regulares de San Agustín, e nesta época constrúese a igrexa románica (1164). O claustro do mosteiro é tardogótico e case renacentista.

nave central br 2

Anuncios
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: