O abandono derruba o Pazo de Bergazos.

derrube_br_IMG_1549

 Dende o outeiro no que se ergue a igrexa de Donsión, Gómez Gil Taboada e Beatriz Fernández de Gundín contemplan, dende as súas sepulturas, a agonía da que foi a súa casa, o Pazo de Bergazos. Do abandono pasamos ao derrube do que me decatei na miña última visita hai uns días, feito que reflexa ben as claras a fotografía superior.

Vexo, no fermosísimo libro de César Buxán e Francisco Rubiá, que o pazo dos Gil Taboada no lugar de Bergazos está declarado ben integrante do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. Un, ignorante como son, pregúntase para qué serven estas rimbombantes declaracións se na práctica ninguén botou man deste histórico edificio para cando menos apuntalar e evitar o seu derrube. Un, indignado como tantos outros, pregúntase a qué se adican os que teñen as responsabilidades de promover a conservación e defender a riqueza do patrimonio histórico que temos en Lalín.

Esta casa foi fundada a finais do século XVI a partir do casamento de Gómez Gil Taboada con Beatriz Fernández de Gundín. Posteriormente foise consolidando co ascenso social de Gómez Gil Taboada ao servizo do Conde de Lemos. Os documentos históricos sinalan como data fundacional do vínculo e maiorazgo de Bergazos o día 20 de agosto de 1673, asimesmo nun capitel do pazo aparecía grabada o ano de 1672.

Ao seu valor histórico se engade tamén o seu mérito arquitectónico e artístico. Aínda queda medianamente ben conservada a pedra armeira da casa, así como a solaina e os seus fermosos capiteis. A ventá da esquina probablemente esté perdida, e o resto tamén se perderá se ninguén fai nada por evitalo.

 Bibliografía: Pazos y moradas hidalgas de la comarca del Deza. Cesar Gómez Buxán y Francisco Rubiá Alaejos.

Enlace a descripción do Pazo dentro da andaina a Donsión: https://dezarutas.wordpress.com/donsion/

Imaxes:

O Pazo de Bergazos antes do derrube:

pazo bergazos ventana br

Máis fotografías do estado actual (agosto 2014):

Foto 1:

derrube_br_IMG_1549

Foto 2:

derrube br foto 2

Foto 3:

derrube br foto 3

Foto 4:

derrube foto 4

Foto 5:

derrube foto 5

Anuncios
Entrada anterior
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: