Porto.

20150104_131127

Esta fin de semana pasada fixen unha visita a Oporto. Seguramente moitos xa a coñecedes. Por certo, topei a xente de Lalín tamén en Oporto. Eu aínda tiña a viaxe pendiente e decidín que xa ía sendo hora de dar unha volta por alí. Gustoume moito. Aínda lles queda bastante por facer, pero nótase que están esmerándose na rehabilitación e poñendo en valor moitos edificios.

A cidade de Porto aparece xa no século VIII antes de Cristo cun núcleo inicial que foi potenciado polos romanos. Os romanos sempre prácticos, intelixentes e emprendedores, estableceron a unha beira do río Douro o seu porto, Portus, e a outra beira do río a vila de Cale, hoxe Vila Nova de Gaia. Portus e Cale, Portucale. Así se chamou o condado de Portucale dependente do reino de León ata 1143, e xerme da futura Portugal.

Na época medieval, nos séculos XIII ao XV, Oporto florece como cidade marítima e comercial. A cidade estaba protexida por unha muralla, e a realiza e o bispo pugnaban por dominala. Posteriormente experimenta novos desenrolos nos séculos XVI e XVIII, especialmente co comercio dos viños. No século XIX Porto estivo a vangarda do liberalismo e progresismo en fronte aos absolutistas. No século XX experimenta unha modernización con novas avenidas e chega ata hoxe sen perder os seus encantos.

20150104_131530

20150103_163301

20150105_131122

20150104_122522

20150103_155513

20150104_174304

20150104_114100

20150105_170548

20150105_190422

Un parking no Candán.

20140427_172021

Cando se pensaba que o catálogo de ocorrencias e desvaríos xa estaba case cuberto, sempre xurde algo novo que nos volve a alucinar. Agora queren facer un parking na serra do Candán. Xa se fala de cómo lle van meter a paleadora á congostra que leva de Bustelos ao chamado Campo da Armada. Pero é que ninguén dos que nos “goberna” se decata do proceso de destrozo contínuo que lle están a causar ao noso patrimonio etnográfico e natural?.

Lembro algúns dos disparates que se propuxeron nos últimos tempos. O do avión na rotonda era francamente difícil de superar. Tamén o da praia paradisíaca no lago do auditorio, no paseo Pontiñas. O de promocionar o cocido no veleiro Juan Sebastián el Cano tamén era unha aposta forte. Bueno, e o da liña de alta tensión arrasando a fraga de Casas Vellas xa é algo incalificable, tal vez a etiqueta de crime ecolóxico quédase curta. A lista sería moito máis longa, pero prefiro deixalo eiquí.

Esa febre da paleadora, do cemento, do asfalto, da tala de árbores, témola coma sempre, e irá en aumento a medida que se achegue o día das eleccións. Dalles igual arramplar con todo. Non lles importa nada máis que o seu apetito de maioría absolutista.

Pero tan difícil é ter un pouco de sentidiño e darlle servizos aos veciños sen destrozar o noso patrimonio?. E non sería mellor habilitar algunhas prazas de aparcamento ao pé da estrada que vai a Bustelos nas proximidades do lugar?. É necesario destrozar a paisaxe e o entorno facendo un macroparking nunha das paraxes máis fermosas que aínda conserva Lalín?

Algúns tivemos a sorte de ver algo do que Lalín foi. Os que veñan xa non o verán.

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/10/10/concello-crea-espacio-destinado-aparcamiento/892946.html