Un parking no Candán.

20140427_172021

Cando se pensaba que o catálogo de ocorrencias e desvaríos xa estaba case cuberto, sempre xurde algo novo que nos volve a alucinar. Agora queren facer un parking na serra do Candán. Xa se fala de cómo lle van meter a paleadora á congostra que leva de Bustelos ao chamado Campo da Armada. Pero é que ninguén dos que nos “goberna” se decata do proceso de destrozo contínuo que lle están a causar ao noso patrimonio etnográfico e natural?.

Lembro algúns dos disparates que se propuxeron nos últimos tempos. O do avión na rotonda era francamente difícil de superar. Tamén o da praia paradisíaca no lago do auditorio, no paseo Pontiñas. O de promocionar o cocido no veleiro Juan Sebastián el Cano tamén era unha aposta forte. Bueno, e o da liña de alta tensión arrasando a fraga de Casas Vellas xa é algo incalificable, tal vez a etiqueta de crime ecolóxico quédase curta. A lista sería moito máis longa, pero prefiro deixalo eiquí.

Esa febre da paleadora, do cemento, do asfalto, da tala de árbores, témola coma sempre, e irá en aumento a medida que se achegue o día das eleccións. Dalles igual arramplar con todo. Non lles importa nada máis que o seu apetito de maioría absolutista.

Pero tan difícil é ter un pouco de sentidiño e darlle servizos aos veciños sen destrozar o noso patrimonio?. E non sería mellor habilitar algunhas prazas de aparcamento ao pé da estrada que vai a Bustelos nas proximidades do lugar?. É necesario destrozar a paisaxe e o entorno facendo un macroparking nunha das paraxes máis fermosas que aínda conserva Lalín?

Algúns tivemos a sorte de ver algo do que Lalín foi. Os que veñan xa non o verán.

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/10/10/concello-crea-espacio-destinado-aparcamiento/892946.html

Anuncios
Entrada anterior
Entrada siguiente
Deja un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: