Andaina inesquecible a Puxallos.

Fermoso día de sendeirismo o de hoxe. Cando todo acompaña e sae estupendamente, síntese que o esforzo paga a pena. E así foi, 25 participantes que son os verdadeiros protagonistas destas andainas. Un día soleado e agradable. Un marco incomparable cheo de natureza, cultura, etnografía e curiosidades variadas dos lugares polos que pasamos. Un día inolvidable.

Foron 14 deliciosos quilómetros de agradable paseo entre Lalín e Puxallos. A pouco de saires xa estabamos diante do primeiro monumento do día. A igrexa de San Martiño de Lalín de arriba, do século XII, unha boa mostra do estilo románico, coa súa estructura sobria, canzorros, ventás en saeteira, ábside cadrado. Preto de ela un interesante cruceiro. O roteiro foi saíndo de Lalín por Feás e xa por camiño ata Outeiro. A hora prevista chegamos ao pazo de Donfreán. Continuamos cara Quintela e pasamos por diante do pazo de Quiroga. Adentrámonos na carballeira do mesmo nome e paseamos entre carballos e castiñeiros centenarios que forman parte deste monumento natural. E seguimos polos camiños en dirección a O Sixto ainda que desviámonos ata a vella ponte do Pozo Negro. Finalmente subida ata aldea de Puxallos onde puidemos admirar a capela de San Roque. Todo esto en 14 quilómetros nunha ruta completísima en todos os sentidos.

Gracias a todos por participar e que siga a festa.

Fotos:

Andaina a Puxallos.

O próximo domingo, día 28 de outubro de 2012, celebraremos unha nova andaina dentro da programación de Concellos Saudables en Lalín. A información sobre esta actividade é a seguinte:

ANDAINA A PUXALLOS

Día: Domingo 28 de outubro de 2012

Salida: LALÍN praza da igrexa

Retorno: Puxallos, autobús de volta a Lalín.

Hora: 9:30 horas

Distancia 15 kilómetros

Dificultade media-baixa

Duración 4 horas.

Lugares de interese:

Igrexa de San Martiño, en Lalín de Arriba, Pazo de Donfreán, Pazo de Quintela,Carballeira de Quiroga, Ponte do Pozo Negro sobre o río Asneiro, Puxallos, capela de San Roque.

Para participar pidese unha inscripción e o pago de 5 euros para costear o autobús de volta a Lalín. Os 5 euros podense ingresar na conta de la caixa 2100 2798 77 0200075375.

Para anotarse acudir a Concellos Saudables na piscina municipal vella, ou no Concello. Tamén para información e inscripcions podese chamar ao teléfono 699396212.