50 km

– De Lalín a Agolada, de Agolada a Rodeiro e de Rodeiro a Lalín.

50 quilómetros de dificultade media.

– Itinerario

Saímos de Lalín, como non, dende a placa que sinala o quilómetro 0 de Galicia. Imos pola rúa Colón, logo a dereita pola rúa Matemático Rodríguez e posteriormente pola rúa Areal. Na rotonda do centro comercial seguimos de frente en dirección Agolada e Lugo. Afrontamos a subida a larga recta de Goiás, que se hai vento en contra, serve xa para romper a suar. Baixamos despois por Moimenta, Cadrón ata chegar a ponte de Vilariño. Hai un área de lecer na ponte da estrada vella. Cruzando a ponte sobre o río Arnego entramos xa no concello de Agolada.

Pasada a ponte de Vilariño, afrontamos algo máis de tres quilómetros en subida. Este treito da estrada é perigoso e debemos estar atentos e ir próximos ao arcén. A subida non é excesivamente dura pero hai que esforzarse un pouco. Pasadas as curvas e dúas rectas, entramos xa no casco urbano da Agolada. Estamos na vila dos Pendellos e sempre é interesante parar para visitar este recinto tradicional da feira que aínda se conserva en Agolada, sendo un dos poucos que quedan en Galicia.

En Agolada deixamos a estrada de Lugo, e desviámonos a dereita en dirección a Rodeiro. Os primeiros quilómetros son chans e ródase ben. A man esquerda, no horizonte, asoma o monte Farelo, que garda nas súas rochas restos de petroglifos. Veremos se entre as canteiras e os parques eólicos deixan quedar algo.

Seguimos e chegamos a Ventosa. Como o seu nome indica, por este lugar case sempre sopla algo de vento, o que pode dificultar algo o pedaleo. Pasemos polo medio de Ventosa e seguimos cara a Rodeiro. A partir de eiquí, conto cos tres repeitos que hai que superar antes de chegar a Rodeiro. O primeiro está ao final dunha larga recta. O segundo é o que leva a Adelán, lugar onde hai un restaurante estupendo para xantar. O terceiro sóbese despois de pasar o río Achacán. Despois destas tres subidas, hai dous quilómetros de baixada ata Rodeiro. No horizonte aparecen agora os cumios da Serra do Faro.

En Rodeiro dobramos novamente a dereita en dirección a Lalín. Baixamos un quilómetro e pasamos novamente sobre o río Arnego. A partires de ahí temos tres ou catro quilómetros de subida ata o alto da Rocha que está a 760 metros de altitude aproximadamente. Na cima está unha fábrica de piensos.

Subido o alto da Rocha, case todo será terreo favorable ata Lalín. Pasamos por Alvarellos. Subimos un repeito que leva preto de Maceira, e finalmente longa baixada ata Lalín, a onde chegamos despois se pedalear durante 50 quilómetros.

Deja un comentario

Deja un comentario