Sello.

Na parroquia de Sello está o que queda da antiga fábrica de tellas que existiu alí e que funcionou ata hai case dúas décadas. Resulta curioso este lugar, tanto polas estructuras que aínda se poden ver do que era o forno onde se cocía a tella e o ladrillo, coma pola lagoa que se formou no lugar de extracción da arxila.

– Ruta a Tellería de Sello:

Nesta ruta de 18 quilómetros poderemos visitar o castro de Xaxán, o castro de Goiás de gran tamaño e que debeu ser un asentamento importante. Tamén o lugar no que aterrou o aviador Loriga na súa visita a Lalín no ano 1927. Posteriormente poderemos ver as estructuras que aínda quedan da antiga fábrica da tellería de Sello, e a súa lagoa. E finalmente pasaremos polas frondosas carballeiras da Cima do Alle retornando a Lalín polo paseo Pontiñas.

Na foto superior apréciase unha das murallas do castro de Goiás, así coma o foxo, que debeu ser no seu tempo máis fondo, aínda que agora aparece con vexetación e desgastado polo paso do tempo.

Na foto superior vése a entrada aos fornos de cocción da tellería de Sello. Son dous túneles de máis de dez metros de lonxitude cada un, onde se facían tellas e ladrillo.

O lugar de onde se obtiña material para fabricar as tellas e ladrillo foise facendo cada vez máis profundo. Contan que os camións cargados subían con dificultade dende a fondura cargados con arxila. Tralo abandono da fábrica encheuse de auga formándose unha lagoa onde hoxe teñen o seu hábitat varias especies de aves.

 

Deja un comentario

Deja un comentario