Sobreirais do Arnego.

O Sobreiral do Arnego é un espacio natural único. Atópase principalmente no concello de Agolada, ainda que tamén se poden atopar sobreiras na zona limítrofe do concello de Lalín e algunha tamén pola parte de Vila de Cruces. Trátase dun area forestal no val do río Arnego formada principalmente por sobreiras (Quercus Suber), que sendo unha especie propia dun clima máis suave, logrou pervivir e prosperar no val do río Arnego gracias as condicións climatolóxicas que presenta este enclave. No curso do río Arnego e no val de Carmoega dáse o que se pode chamar un microclima específico con temperaturas mornas ao longo de todo o ano, e éste resulta ser un habitat propicio para as sobreiras.

A peculiaridade deste paraíso natural fixo que se adoptasen medidas para a súa protección, estando incluído na Rede Natura e sento tamén considerado coma LIC (Lugar de Interese Comunitario). Está pois o sobreiral amparado polas medidas de protección asociadas a estas figuras. Tamén se aprecia o traballo desenvolvido pola chamada rede de custodia Ulloa-Arnego.

Aínda así, persisten as ameazas a este entorno. Por unha banda o proxecto de construcción de varios encoros que anegarían boa parte do sobreiral. Por outra banda, certas enfermidades que presentaron as sobreiras a consecuencia do contaxio a través das ferramentas dos recolectores de corcho. Os encoros parece que, de momento, e afortunadamente, non se van construir. A saúde das sobreiras parece que se vai mantendo e tamén se aprecian novas árbores que brotan e parecen prosperar.

Ruta de senderismo ao sobreiral do Arnego.

Primeiramente, en mostra de recoñecemento e agradecemento, quero decir que esta andaina confeccioneina partindo do roteiro que nos preparou Manuel Busto (www.aqualatam.blogspot.com.es) e que fixemos en bicicleta. Posteriormente, retomei ese fermoso itinerario e cun par de camiños engadidos para visitar o castro de Palio e a igrexa de Santa Baia, empregueino para facer a andaina organizada por Concellos Saudables.

Mapa da ruta:

mapa sobreirais recortado br

Para chegar ao punto de inicio do roteiro, partindo de Lalín pola estrada do Rodo en dirección a Brántega, ao chegar a un cruce despois de aproximadamente dez quilómetros, seguir as indicacións a aldea de Cangas e a súa igrexa. Alí demos inicio a esta andaina que, non sendo un percorrido circular, remata no mesmo sobreiral preto de Carmoega.

– Igrexa de Cangas.

igrexa cangas br

É o punto de partida de esta ruta de senderismo. Construida no século XII, ano 1159, ainda que con posteriores reformas. É unha mostra do primeiro románico rural. Ten unha soa nave, ventás en saeteira, porta principal con arquivolta sobre columnas, arcos interiores e canzorros. Crése que tivo vinculación aos cabaleiros templarios. Acompaña a igrexa un cruceiro adicado ao apóstol Santiago peregrino.

– Fabrica de papel de Rodís.

fabrica br
A ruta continúa polo lugar de Rodís. Alí poderemos visitar o que foi unha fábrica de papel que existiu a finais do século XVIII. Aínda pódense adiviñar o que foi este lugar cos seus muiños de trapos e pulpa, fornos, sequeiros, etc. Xunto a ela está un árbol do incienso que é probablemente un exemplar único en Galicia. O papel obtíñase de farrapos, palla, follas e outros materiais fibrosos. Hai unha fase de separado de fibras e elaboración dunha pasta. Ésta poñíase en moldes. Despois obtíñase o papel e pasaba por fase de prensado e secado.

– Igrexa de Rodís.

igrexa rodis br

A ruta segue por Rodís e pasa xunto a súa igrexa. Outra das xoias do románico do concello de Lalín. A Igrexa de San Xulián de Rodís ten corpo de sillería, ábside rectangular, porta principal con arco sobre columnas e lateral con dintel pentagonal, saeteiras, canzorros. O campanario é barroco e ten adosada a sacristía. Posteriormente a ruta continúa polo bosque de Teixugueiras, xa principalmente por camiños de terra e monte.

– Castro de Palio.

A ruta continuará polas inmediacións do Castro de Palio. Aínda se poden apreciar sobre o terreo o posible existencia de dous recintos castrexos situados a diferente nivel, cun recinto superior ou croa de forma circular rodeado por un terraplén. Hai indicios dun foxo e doutros elementos integrantes do Castro. Téñense atopados restos de cerámica e muiños redondos de man, así coma restos de varias lareiras domésticas das vivendas castrexas. Desgraciadamente este castro foi expoliado, pero aínda así constitúe un patrimonio arqueolóxico a destacar.

– Igrexa de Santa Baia.

sta baia br

É o único exemplar do prerrománico na comarca do Deza e mantén rasgos dos primitivos templos visigóticos rurais. Este monumento atópase nun estado case ruinoso e precisa dunha urxente obra de consolidación. Lamentablemente non poderemos admirar o seu interior co seuarco triunfal, as súas columnas monolíticas, a pía bautismal e a primaria ornamentación dos seus capiteis que configuran un edificio de case mil anos.

– Mirador das Piniceiras e sobreirais do Arnego.

sobreiral dende o mirador da espiniceira b r
A ruta continuará polo mirador das Piniceiras onde poderemos contemplar en todo o seu esplendor boa parte dos sobreirais do río Arnego. Este lugar é tamén un pousadoiro de aves rapaces. Pouco despois, e xa por terras do concello de Agolada, pasearemos entre as sobreiras e ao pé do río Arnego, pasando por dous muiños e disfrutando deste espacio natural único.

(Bibliografía: La tierra de Deza, Armando Vázquez; Os Castros de Lalín, Antonio Presas García).

Track para GPS:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3713355

Deja un comentario

4 comentarios

  1. José Antonio

     /  7 noviembre 2011

    ¿ No hay nada que ver en la parroquia de Sta. María de Dozón ?

    Responder
  2. Anduven por ahí fai unhos días… e ben merece a pena facerlle outra visita con máis tempo. Un recuncho fermoso, que parece doutro tempo.

    Responder
  3. Un lugar moi bonito e recomendable para facer o que lle guste facer sendeirismo

    Responder
  1. Ruta pel riu Ulla, a Galícia | Gloria Condal

Deja un comentario