Ruta dos pazos.

Ruta dos pazos e da ponte Taboada.

– Itinerario.

Saímos de Lalín. Do quilómetro 0 por suposto. Baixamos pola rúa Colón e a casa do Concello ata o paseo Pontiñas. Facemos todo o tramo de carril bici. Rematado éste, subimos a dereita cara a estrada nacional 525. Imos por un tramo da estrada vella. Baixamos por unha pista asfaltada e chegamos ao primeiro dos pazos, o pazo de Bergazos.

Deste pazo pouco queda xa. Está nun estado ruinoso. Escoitouse hai tempo que se ía facer unha restauración desta casa señorial, pero lamentablemente está caendo e totalmente abandonado. Na foto vése a escalinata e un balcón do mesmo.

Seguimos por un camiño que leva preto do polígono industrial Lalín 2000, pero logo baixa ata a autoestrada. Pasamos por debaixo de ésta e seguimos un anaco enlazando co camiño de Santiago. Pasamos polo lugar de Laxe. Alí está o albergue para peregrinos. Seguimos a ruta xacobea pola parte de abaixo de Bendoiro. Pasamos xunto as obras do AVE e pouco despois chegamos preto do pazo de Bendoiro.

Este pazo de Bendoiro está totalmente restaurado e adicado ao turismo rural. Hai un restaurante onde ofrecen a gastronomía da zona e moito máis.

Seguimos a ruta e chegamos a Prado. Baixamos por un camiño preto do centro escolar. Continuamos por varias sendas, e a man esquerda vemos xa o Pazo de Liñares.

Este pazo é propiedade municipal e está a espera de ser restaurado. Esperemos que as xestións para recuperar este fermoso e histórico edificio fructifiquen axiña, e que unha vez recuperado quede aberto ao público como museo, hotel-monumento, edificio sociocultural ou calquera outra finalidade similar.

Voltamos a ruta. Seguimos por un camiño paralelo a unha granxa. Saímos del e imos de fronte por unha carballeira que se desvía un pouco do que é o camiño de Santiago. Estamos nas casas da Borralla. Baixamos pola estrada vella ata a ponte, e xusto antes dela, a esquerda baixamos por un camiño que nos leva ata a ponte medieval.

Pasamos pola ponte medieval o río Deza e entramos polo tanto no concello de Silleda. Subimos por un camiño empedrado, e despois por pista asfaltada. Desviámonos a dereita e entramos por unha pista de zahorra que leva por riba da vella estación de tren. Chegamos a estrada nacional 525 e inmediatamente saímos dela por o que era a estrada vella, que baixa por xunto da vella estación de tren. Seguimos por ela hasta a ponte e despois subimos un anaco en dirección contraria ao percorrido feito anteriormente ata o lugar de borralla. Alí desviámonos e pasamos por debaixo da estrada N-525. Pasadas unhas casas voltamos aos camiños de zahorra. Despois dun par de tramos, baixamos cara un regato e atopamos a ermida de Santa Lucía.

Despois de pasar por esta fermosa capela, subimos cara o vial de servizo da autopista e imos a dereita ata a estrada Prado-Bodaño. Baixamos ata un muiño e tomamos un carreiro que sobe por detrás de prado. Despois duns treitos de pista asfaltada, chegamos a igrexa de Santiso. Dende Santiso continuamos por unha pista asfaltada, deixando a man dereita a igrexa. Imos en baixada. Nun cruce seguimos de frente. Empezamos a subir preto dunha granxa. Entramos nun camiño en subida, facendo unha longa recta. Despois a dereita e finalmente enlazamos con outro camiño que nos leva ao lugar de Cima do Alle.

Continuamos por unha pequena senda que leva pola parte superior da Cima do Alle. Baixamos entre a arboleda. Esta baixada é certamente bonita. Chegamos preto de Filgueira. Desviámonos a dereita por unha pista asfaltada, pero tras un quilómetro por ela, tomamos outra senda de terra a esquerda que nos leva en subida. Chegamos a estrada de Lalín a Vila de Cruces prego de Carragoso. E por esta estrada baixamos finalmente a Lalín despois de completar 30 quilómetros de ruta.

Deja un comentario

3 comentarios

  1. Me ecanta, esta ruta, eu xa a fixen en etapas, pero en coche, pero na bici debe ser unha maravilla.

    Responder
  1. O pazo de Bergazos agoniza. « Rutas ciclistas y demás.
  2. A Ruta dos Pazos organizada por Concellos Saudables foi outro éxito rotundo. « Rutas ciclistas y demás.

Deja un comentario