30 km

De Lalín a Vilatuxe, de Vilatuxe a Prado e de Prado a Lalín.

Dificultade baixa.

– Itinerario:

Saímos dende Lalín, xunto a placa que marca o quilómetro 0 de Galicia. Empezamos pola rúa Colón, deixando ao Porco a man dereita. Imos pola rúa Ramón Aller, pasando por diante do museo, e na rotonda da avenida de Xosé Cuíña seguimos de frente, dirección Donramiro.

Seguimos ata o empalme. Na rotonda seguimos de frente en dirección Pontevedra. Pasamos por diante do campo de fútbol e baixamos cara Botos, a onde chegamos despois de pasar as rotondas da autoestrada. En Botos pasamos pola ponte sobre as vías do tren e baixamos pasando por riba do río Asneiro. Nese punto empeza unha forte subida cara a Soutolongo. Continuamos tres quilómetros máis e chegamos a Vilatuxe. Antes da gasolinera desviámonos a man dereita pola estrada que leva a Gresande e Prado. Despois de dous quilómetros chans e favorables, atravesamos a espectacular e emblemática carballeira de Barcia.

En Barcia podemos ver un fermoso cruceiro ao pé da estrada, e tamén algunha casa blasonada. Seguimos pola estrada que sube un pouco ata o castro de Gresande. Este castro case pasa desapercibido pola arboleda e vexetación abundante que o esconde. A dereita vése unha preciosa vista, e domínase o val dende este outeiro. Seguimos adiante e vamos entrando na parroquia de Cristimil. Hai unha zona de baixada preciosa para disfrutar coa bici de carretera, en especial un par de curvas enlazadas que eu chamo «o sacacorchos». Ao final da baixada pasamos por unha ponte novamente sobre o río Asneiro. Entre a vexetación asoma unha ponte vella.

Pasada a ponte comezamos a subir para remontar o val. Se teño forzas, nesta subida gústame probar as pernas e ver se hai potencia. Cando vou con compañeiros case sempre ahi eiquí zafarrancho de combate. Finalizada a subida, temos un quilómetro chan ata Prado. A man dereita queda o Pazo de Liñares, ao que se chega baixando por unha pista. Este pazo é propiedade municipal e está a espera de ser recuperado.

En Prado, xiramos a dereita e collemos a estrada nacional 525 en dirección a Lalín. Facemos un par de quilómetros de subida e chegamos a Bendoiro. A man dereita báixase cara o restaurante Pazo de Bendoiro. Un pouco máis adiante, case desapercibido, hai un fermoso cruceiro.

Seguimos en dirección a Lalín. Facemos a baixada ata o rego de Laxe e chegamos ao polígono industrial Lalín 2000. Continuamos un par de quilómetros e entramos novamente en Lalín. Subimos pola rúa da Ponte ata a fonte dos cabalos, e pola rúa principal voltamos ao quilómetro 0, que foi o noso lugar de partida, tendo feitos 27 quilómetros de ruta.

– Mapa:

– Perfil:

Deja un comentario

1 comentario

  1. luis

     /  4 noviembre 2012

    desde el pazo de bendoiro tambien puedes volver cara a Lalin por el trozo de camino de Santiago…De nuevo 525 y a la altura del hostal camibo de Santiago volver por el paseo Pontiñas…

    Responder

Deja un comentario