Seixas.

Ruta do Seixas

paisaxe inverno br

– A ruta do val do Río Seixas, partindo case da Cruz da Grade, levarános por Sanguiñedo, e as aldeas de Seixas e Navallo.

Trátase dun percorrido de gran beleza paisaxística non demasiado coñecido. Ainda quedan algún dos sinais e unha ponte de madeira que se colocaron a iniciativa do Club de montañismo A Peniza. Merecería esta ruta un pequeno repaso, desbrozando algún dos sendeiros que as silvas e os toxos tentan pechar.

Propoño iniciar esta andaina preto do alto da Cruz da Grade, no punto quilométrico 11,500 aproximadamente da estrada PO-200 entre Lalín e o Carballiño. Así o fixemos o día 31 de maio do 2009 cando Concellos Saudables organizou unha andaina por estes lugares.

inicio ruta seixas b r

A primeira parte vai polo monte, en dirección a Dozón, aproveitando os camiños que agora se anchearon por mor das obras do AVE. Despois de dous quilómetros aproximadamante, tomaremos un camiño a esquerda por entre pinares, buscando descender ata Sanguiñedo.

monte br

Despois dun treito longo en baixada por un camiño ancho de monte, teremos 5,8 quilómetros percorridos e chegaremos  a Sanguiñedo, preto da súa praia fluvial. Alí cruzaremos unha pequena estrada e atoparemos  o panel e o poste que indican o inicio da ruta do Seixas propiamente dita.

sanguiñedo poste b r

Iremos en dirección a igrexa de Sanguiñedo pero un poste indicativo nos marcará un camiño a dereita. Andaremos por él e baixaremos ata o río Seixas que cruzaremos por unha ponte de madeira.

ponte madeira b r

Iremos pola marxe esquerda do río Seixas. Pasaremos por unha senda estreita, a sombra das árbores de ribeira, facendo un tramo ao pé do río certamente bonito. Posteriormente iremos gañando altura e veremos a beleza deste val do río Seixas.

val seixas b r

Seguiremos subindo e remontando o val, ata chegarmos a aldea de Seixas. Pasaremos entre as suas casas ata atopar un poste  indicador marcando o camiño cara o lugar de Navallo.

poste navallo

Das Seixas hai un carreiro estreito que leva en dirección ao Navallo. Desgraciadamente os toxos e as silvas pecharon o camiño orixinal, pero agora pódese ir por un camiño desbrozado e atravesando un par de prados. Despois empátase cun camiño estreito que leva ata a cima do Navallo.

baixando do navallo br

Despois sairemos do Navallo por un camiño que nos levará en baixada e pasaremos por debaixo da vía do tren. O final da baixada, cruzaremos por unha pequena ponte por riba do río Seixas e despedirémonos del ata outra ocasión. Este pequeno río pouco máis adiante entregará o seu caudal o río Asneiro.

ponte final br

Chegados a este lugar, teremos xa 12 quilómetros acumulados. Atoparemos a estrada PO-200 e iremos a dereita polo arcén arredor de catrocentos metros, e despois novamente a dereita por unha pista asfaltada. Pouco despois, un camiño a esquerda nos levará ata o lugar de Ponte Noufe. Pasaremos un túnel por debaixo do tren e enlazaremos coa Vía da Prata, continuando a esquerda.

via da prata

Seguindo as marcas da Vía da Prata chegaremos primeiro preto do Barreiro e un pouco máis arriba atoparemos as primeiras casas da Xesta. Esta parte da ruta é certamente bonita e vai protexida do sol gracias a frondosidade das árbores que hai ao seu carón. Pouco máis adiante, despois dun treito en subida, poderemos ver a capela da Virxe do Carme e o campo da festa da Xesta.

a xesta br

Poderemos continuar pola vía da prata dende a Xesta ata Lalín. Sendo así, iremos en dirección a Medelo e posteriormente chegaremos a Moneixas. Continúase ata Outeiro e despois, ao chegar a estrada N-525 pódese entrar en Lalín pola rotonda de Fenosa ou ben polas pistas de Feás. Completando todo o percorrido sumaremos 22 quilómetros.

Deja un comentario

1 comentario

  1. Máis de cen persoas percorren a ruta do Seixas organizada por Concellos Saudables. « Rutas ciclistas y demás.

Deja un comentario