Xunta dos rios.

SAMSUNG

O río Deza segue o seu curso lixeiro. Da nome a comarca que rega. Flúe bravo na serra e manso nas veigas. Nace nas Antas, preto de Candosa, no colo do monte Testeiro. Serpentea pola serra e recolle os aportes do río Grovas, o río Zobra, o río Chedas, o rego do Candán. Pasa por Vilatuxe no lugar chamado pozo do boi. E segue polo val ata o encontro co río Asneiro na paraxe da xunta dos ríos. Avanza por Ponte Taboada, a milenaria ponte medieval e segue cara a Carboeiro. Recibe despois ao río Toxa e vai cara o seu fin no río Ulla por terras de Cira, preto de Ponteledesma.

SAMSUNG

Na foto superior aparece retratada a xunta dos ríos. É o punto exacto no que conflúen o río Deza e o río Asneiro. Sempre estivo claro que a partir deste lugar, o río continúa xa coma o río Deza ata o seu fin. Nembargantes houbo discusión de cál era o hidrotopónimo correcto para estes dous ramais de auga, pois nalgúns rótulos os nomes Asneiro e Deza aparecen confundidos. A cuestión aparece resolta nun traballo do xeógrafo Antonio Presas publicado no Anuario de estudos do Deza do ano 2008.

Para descubrir sobre o terreo a realidade propóñobos unha andaina dende Lalín ata a Xunta dos ríos, que sería tal e como aparece no mapa que engado a continuación.

xunta dos rios mapa ok recortado br

 

 

Anuncios
Deja un comentario

1 comentario

  1. Jose

     /  19 abril 2014

    Avisade cando a fagades de novo, por favor

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: