Deza.

mapa-comarcal-baja-resol.jpg

A comarca do Deza está situada no interior de Galicia e comprende o territorio dos concellos de Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón. Estamos a falar dunha superficie total de 1026 quilómetros cadrados que está poboada por 55021 habitantes.

O río Deza da nome a toda a comarca. Nace en As Antas, recolle os cauces que nacen na Serra do Testeiro, atravesa os concellos de Lalín e Silleda, para finalmente, entregar o seu caudal ao río Ulla. O río Asneiro é un dos principais afluentes do Deza, e recorre tamén boa parte do concello de Lalín ata encontrarse co río Deza na paraxe que se chama Xunta dos Ríos. Outros cursos fluviais que acrecen ao río Deza son o Rego do Candán, o río Zobra, o río Lebozán e o río Toxa. Dentro do sistema fluvial da comarca do Deza é tamén importante o río Arnego que recorre os concellos de Rodeiro e Agolada desembocando no río Ulla. Polo tanto a comarca do Deza caracterízase por continuos e suaves vales surcados por todos estes ríos e os seus afluentes.

lalin-foto-aerea-baja-resolucion.jpg

A vila de Lalín é o núcleo urbano máis grande da comarca do Deza. O nome de Lalín seica deriva de Lalino, que foi un colono que estivo a cargo das terras da zona. Parece ser que a orixe de Lalín está vinculada a un pequeno mosteiro que existiu en Lalín de arriba, do que únicamente queda unha pequena igrexa románica que está datada no século XII. Hoxe en día Lalín vaise configurando como un pequeno centro económico e de servizos da Galicia central. O concello de Lalín segue a ter certo potencial agrícola e gandeiro, e vai creando e aumentando un sector industrial principalmente no ramo textil e do metal así coma noutras áreas.

cocido.jpg

O cocido é o prato estrela da gastronomía de Lalín e da comarca do Deza. Para facer un bo cocido hai que ter materia prima de primeira clase. Así o lacón ben curadiño, a cachucha, os chourizos, os grelos, os garbanzos e demáis, han de ir entrando na pota no seu momento exacto para alcanzar o punto de cocción ideal. Estáse a espallar un rumor por ahí, segundo o que o cocido debe facerse con auga de Lalín, porque senón non sabe igual de ben.

Deja un comentario

Deja un comentario