Paseo Pontiñas.

– Camiñando pola beira do río Pontiñas –

pontinas-4.jpg

A ruta do paseo do río Pontiñas é ideal para iniciarse no sendeirismo ou coa bicicleta. É unha invitación a deixar atrás unha vida sedentaria e comezar a facer un pouco de exercicio. Este Percorrido é un agradable paseo polo entorno do río Pontiñas e os seus arredores. Ainda que, si se quere, pode ser empregado para facer os duros adestramentos de carreira a pé que andamos a facer os afeccionados ao triatlón e atletismo en Lalín. Facendo o percorrido enteiro de ida e volta suman case 10 quilómetros.

loriga-b-r.jpg

As posibilidades de facer esta ruta son múltiples. Eu prefiro comezar dende a placa que sinala o quilómetro 0 de Galicia, no centro de Lalín. Saímos do quilómetro 0 seguindo a rúa Colón, deixando a man dereita ao porco . Cruzamos a rúa Ramón Aller e baixamos deixando tamén a dereita o parque adicado ao aviador Loriga, pasando por diante da actual casa do Concello.

pontinas-2-b-r.jpg

Xa no Regueiriño collemos a senda botánica, ao seu remate viramos a esquerda pasando polo túnel que vai por baixo da Avenida de Madrid seguindo o paseo peonil. Comezamos a baixar e a dereita vemos varios muíños ao pé do río a sombra das árbores. Ao lado esquerdo está a primeira área de lecer.

area-lecer-b-r.jpg

Seguimos avandando por un camiño amplo de area compactada no paseo peonil e de aglomerado no carril bici. Pasamos xunto da segunda área de lecer instalada na Carballeira da Crespa que ten instalada unha impresionante mesa de pedra.

lago-do-fondo.jpg

Continuamos polo paseo peonil pasando sobre o pequeno río pontiñas por varias pontes de madeira. As zonas son case todas con sombra, ainda que hai un tramo pasada a depuradora onde hai menos árbores e está máis exposta ao sol. Finalmente chégase ao lago do fondo no Espiño. Dende a Avenida de Madrid ata alí hai 3,2 quilómetros de ida e outro tanto de volta. Despois de baixar polo paseo peonil podese subir polo carril bici tendo coidado cos ciclistas se se vai andando e tendo coidado cos peatóns se se vai na bici.

parte-urbana.jpg

Ao chegar de volta, pasamos novamente por debaixo da Avenida de Madrid e podemos seguir río arriba ata alcanzar a parte urbana do paseo. Neste tramo axardinado o río Pontiñas salta por varias pequenas represas artificiais. Adentrámonos na parte urbana pasando por debaixo da rúa da Ponte e subindo por detrás da rúa Areal.

lago-auditorio.jpg

Pasamos por detrás das piscinas e chegamos ao lago do Auditorio. Alí podemos seguir volteando o lago e pasar pola zona axardinada do auditorio cun parque adicado a música. Voltando ao quilómetro cero teremos feito un agradable paseo de case dez quilómetros.

Deja un comentario

Deja un comentario