Goiás.

Goiás. É outra das parroquias do concello de Lalín. Destacar a súa fermosa igrexa románica na que podemos atopar escudos, inscripcións e diversos sepulcros.

– Ruta a Goiás:

Escomenzamos esta nova ruta coma sempre, na praza da igrexa de Lalín, partindo da placa que sinala o quilómetro 0 de Galicia.

Baixamos ao paseo do río Pontiñas. Imos a dereita cara o lago do auditorio.

Dende alí pasamos por debaixo da nova circumbalación e buscamos un pequeno sendeiro pouco máis arriba do depósito vello de captación de auga.

Imos cara a Lalín de arriba por un fermoso camiño entre as árbores.

Logo seguimos de fronte en dirección leste por outro camiño entre balados.

Chegamos a estrada entre Alfonselle e Goiás e seguimos de fronte cara o monte.

Atopamos un camiño ancho de zahorra e imos a nosa esquerda en dirección ao empalme dos cinco camiños.

Logo continuamos ata a igrexa de Goiás.

Dende alí buscamos o cruce cara o lugar de Pareizo, por debaixo da estrada N-640.

Pouco más adiante desviámonos cara a Cáceme, e antes de chegar a este lugar polos camiños que nos invitan a ir cara a dereita.

Varios enlaces entre camiños de servizo entre as fincas nos levan ata a estrada que vai de Lalín a Brántega.

Buscamos novos sendeiros que nos conducirán ata Xaxán.

Por detrás da igrexa de Xaxán atopamos outra congostra que nos servirá para chegar a García Sánchez.

Entramos a Lalín pola carballeira do Rodo, e finalmente buscamos un enlace ata voltar ao Paseo Pontiñas.

 

Deja un comentario

Deja un comentario