Camiño de inverno.

monolito-b-r

O camiño de inverno é unha ruta alternativa que empregaban os peregrinos que ían cara a Santiago de Compostela coa idea de padecer con menor intensidade o rigor da climatolixía invernal. Así os peregrinos cando chegaban a Ponferrada podían tomar esta vía de peregrinaxe alternativa, e ir facendo camiño por altitudes máis baixas, buscando o val do río Sil e continuar polo sur de Lugo, pasando por Chantada e Rodeiro, para logo en Lalín, continuar cara a Santiago seguindo a Vía da Prata. Escollendo este itinerario, os peregrinos sorteaban os cumes nevados do Cebreiro e evitaban cruzar os ríos do val de Valcárcel que frecuentemente sufrían desbordamentos.

– O Camiño de Inverno na comarca do Deza.

Este camiño entra na comarca do Deza polo alto do Faro, procedente de terras de Chantada. Baixa logo polo val de Camba e segue por Río cara a Rodeiro. Dende alí continúa a peregrinaxe xunto ao río Arnego, pasando por Penerbosa e Penelas ata a ponte de Pedroso. A ruta continúa logo ata Lalín onde enlaza coa Vía da Prata ata Santiago.

LUGARES DE INTERESE:

1.- Pazo de Camba

casa-torre-de-camba-b-r

2.- Pendellos de Río

pendello-de-rio-b-r

3.- Concello de Rodeiro.

concello-rodeiro-b-r

4.- Río Arnego

rio-arnego-b-r

Deja un comentario

Deja un comentario