110 Km

Volta ao Deza

– Itinerario.

Trátase dun percorrido longo para facer fondo. A idea é pasar por todas as capitais dos Concellos da Comarca do Deza. Así, saíndo de Lalín, do quilómetro cero, vaise cara a Silleda. Logo continúase ata Bandeira. En Bandeira cámbiase de dirección indo cara Merza e Vila de Cruces. De Vila de Cruces imos despois a Agolada. De Agolada a Rodeiro. De Rodeiro subimos ata o alto da Rocha. Alí desviámonos cara a Gouxa e despois voltamos pola nacional 525 a Dozón. Por último de Dozón rematamos o círculo chegandoa Lalín. Teremos feitos 110 quilómetros dando unha volta completa a Comarca do Deza.

– Mapa:

– Perfil:

Deja un comentario

Deja un comentario