Oseira.

O mosteiro de Oseira é outro dos lugares que me atraen especialmente. Aínda que non está na comarca do Deza, queda bastante preto. Por alí vai unha variante da Vía da Prata que leva a os peregrinos a Santiago. Entre Ourense e Santiago, a altura da localidade ourensá de Cea, hai unha estrada que conduce ata o mosteiro. Case todos os anos paso por alí varias veces, pois é un dos meus percorridos favoritos para facer en bicicleta por estrada. Tamén teño ido por alí cando fixen a Vía da Prata e algunha outra vez percorrendo en bici de montaña o camiño de Santiago.

Algún autor dixo que o mosteiro de Oseira é o Escorial galego. A verdade é que gracias ao traballo dos monxes, recuperouse este lugar tralo abandono que supuxo a desamortización de Mendizábal. Foi unha sorte, pois é un monumento histórico-artístico dun valor incalculable.

Deja un comentario

Deja un comentario