– Mouriscade: MUSEO DA PAISAXE
Itinerario:
Saímos de Lalín. Outra vez partimos dende o quilómetro 0. Baixamos ata o paseo do río Pontiñas. Subimos pola fermosísima carballeira da Crespa.
Continuamos polos camiños que enlazan coa via de servizo da autoestrada AP-53. Imos logo a esquerda e baixamos preto da Rumea para continuar por Somoza, Ateán e Botos. Pasamos pola ponte por riba das vías do tren. Seguimos por un camiño paralelo ao ferrocarril que nos leva ata Mouriscade.
No albergue preto da área recreativa, vaise acondicionar un dos puntos museísticos do proxecto do Museo da Paisaxe.
A ruta continúa pasando pola ponte sobre o río Asneiro. Sobe por un carreiro estreito que vai dar a estrada de Doade.
Continúase polo val do río Lebozan. O camiño vai ascendendo pouco a pouco. Imos tendo vistas de todo o val a medida que gañamos altitude en dirección ao mirador de Monte Xestoso.
Baixamos logo pola aldea da Lama e Doade. Pasamos polo Castro de O penedo.
Pouco despois, xa en Codeseda, podemos visitar o museo etnográfico da Casa do Patrón.
A ruta continúa logo ata o lugar de Os Muiños. Pechamos o percorrido circular da ruta primeira do museo da paisaxe. Finalmente regresamos a Lalín polo mesmo roteiro pero en sentido inverso.