Zobra.

Zobra. Espectáculo natural. Xoia do concello de Lalín. Apartada. Case esquecida. Galicia profunda e máxica. Non me canso de visitala.

Paraíso para o senderismo. Múltiples rutas parten e chegan a este lugar. Rodeada dos montes do Testeiro. Entre o couto de Zobra, o alto da Rabexa, San Bieito do Candán e o Testeiro. Alí está Zobra esperando que a vaiamos descubrir unha e outra vez, e sempre sorprende.

Torrentes de auga pura, bosques de carballos novos e acivros, pradeiras verde intenso. Terra escura cando as nubes esconden ao astro rei, e luminosa e radiante cando raia o sol.

Zobra é tamén centro parroquial. Outros lugares destacados dos arredores son Trigueira, Portomartín, Ameixedo, Chedas, As Liñeiras, Moa. Os roteiros que comunican estas aldeas están cheos de pura beleza natural e paisaxística, botánica e etnográfica.

– Visitando Zobra. Ruta circular de Zobra.

Para chegar a Zobra dende Lalín, imos en coche de Lalín cara a Pontevedra pola estrada PO-200 e desviámonos en Vilatuxe a esquerda pola estrada estreita que pasa polo Auditorio e a Igrexa parroquial de Vilatuxe. Seguimos as indicacións e despois de varios quilómetros chegamos a Zobra. As rutas empezan no centro da aldea ao pé da fonte.

Saímos do centro de Zobra en dirección a Acevedo. Pasamos por entre as casas da aldea.

No corazón da devesa de Couso e as Liñeiras, paseando entre acivros no inverno:

Túnel vexetal:

Vista da devesa de Couso e as Liñeiras en primavera:

Entrando no lugar de Moa:

Espectacular as vistas e o camiño que leva dende Moa a Zobra:

Mapa da ruta:

Descarga o track para o gps dende wikiloc:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?&id=2788550

 

Deja un comentario

Deja un comentario