Andaina a Goiás.

Hoxe, domingo 20 de febreiro, convocados unha vez máis por Entornos Saudables Lalín, celebramos a andaina a Goiás. 28 persoas participaron nesta actividade, que pretende ser unha alternativa lúdica, deportiva e cultural para disfrutar e difundir o rico patrimonio natural, etnográfico e monumental de Lalín. Tamén achegáronse a Lalín a participar na ruta xentes vidas de fora da comarca que contactaron con Entornos Saudables a través de foros de internet.

As 9,30 da mañá partimos da praza da Igrexa, afortunadamente con bo tempo. Despois de facer os primeiros pasos polo paseo do río Pontiñas, chegamos ata o lago do Auditorio e dende alí enlazamos de camiño en camiño pasando preto de Reboredo e Alfonselle disfrutando da fermosura da paisaxe que nos ofrecía o percorrido ao pé de varios regatos entre carballeiras e vexetación de ribeira.

Sobre as 11,15 chegamos a igrexa de Goiás e visitamos o templo xusto antes de que escomenzara a misa dominical. Disfrutamos da beleza deste templo románico a que se engadiu no século XVI a capela renacentista dos Salgado-Gundín. Alí está a estatua orante de Amaro Gundín, que foi cura de Goiás, e que ve pasar os séculos dende a súa sepultura, xunto do seu pai Cristóbal Gundín, señor que foi do pazo de García Sánchez, e a irmá  de don Amaro, María Salgado.

Continuamos a andaina xa baixo a choiva, pasando preto do lugar de Cáceme e en dirección a Xaxán. Finalmente retornamos a Lalín entrando por García Sánchez e a carballeira do Rodo, completando en total 15 quilómetros de percorrido.

Están previstas novas rutas para próximas datas, especialmente considerando que a xente segue participando na actividade nesta época invernal.

FOTOS:

 

 

 

 

 

 

 

Quero agradecer a todos os que participaron na andaina a súa presencia, esperando que disfrutasen dun bonito día de sendeirismo. Para mín é unha satisfacción seguir colaborando nesta actividade que xunta a xente de todas as idades e que pretende difundir os encantos de Lalín.

 

Pronto volveremos con outra nova andaina.

 

Un saúdo.

 

Entrada siguiente
Deja un comentario

Deja un comentario