Ruta a Zobra e as Liñeiras.

Por fin imos a facer esta ruta. Xa son varias tempadas de andainas de Concellos Saudables. Todos os anos temos en mente a ruta a Zobra, pero  por diversas circunstancias aínda non a fixemos. Será a ruta 12+1. E se non coñecedes esta zona espectacular que temos no concello de Lalín, non dubidedes en apuntarvos, porque ides quedar realmente impactados pola fermosora e espectacularidade da paisaxe dos lugares polos que pasaremos. Se xa tedes visitado Zobra tamén é unha ruta moi recomendable, porque o roteiro que faremos combina camiños de Zobra e tamén as Liñeiras, incluíndo o lugar de Chedas.

Datos da andaina:

– Organiza Concellos Saudables Lalín

– Día: domingo 27 de maio de 2012.

– Hora: 9:00

– Lugar de concentración dos participantes: Lalín, praza da igrexa, quilómetro cero.

– Autobús: Dende a praza da igrexa un autobús levará aos participantes ata o punto de partida da andaina. O autobús partirá as 9:15 horas da mañá.

– Distancia: 17 quilómetros de dificultade moderada

– Duración da andaina: 4 horas. Empezamos as 9:45 e remataremos as 13:45. O autobús recóllenos e lévanos de volta a Lalín, e chegaremos arredor das 14:15 horas de novo a praza da igrexa.

– Material: Recoméndase levar un pequeno avituallamento sólido e líquido. Hay fontes en varios puntos da andaina.

– Inscripción: Prezo 5 euros que corresponden ao custe do autobús. O ingreso hai que facelo no número de conta seguinte: 2100 2798 77 0200075375 poñendo no concepto andaina a zobra o nome de quen ingresa e o número de participantes. Prazo de remate da inscripción o venres 25 de maio.

– Para calquera dúbida podedes chamar a os teléfonos 699396212 e 665820790, neste último en horario de tarde.

Entrada siguiente
Deja un comentario

Deja un comentario